Los Canarios foi un grupo de pop rock español (posteriormente rock progresivo) fundado nas Illas Canarias por Eduardo "Teddy" Bautista en 1964.Domínguez, Salvador (2002): Bienvenido Mr. Rock ... Los primeros grupos hispanos 1957-1975, Fundación Autor, SGAE,
Traxectoria A banda comezou nas Palmas de Gran Canaria co nome Canaries e interpretando música soul e rhythm & blues con letras en lingua inglesa.Bio on allmusic.com by Craig Harris O seu primeiro álbum Flying High with The Canaries (1967) só se comercializou nos Estados Unidos, e non se editaría en España até 1985.Album page on Discogs
Os sinxelos "Get on Your Knees" e "Free Yourself" convertéronse en éxitos en España, xa que en 1970 publicouse un segundo LP titulado Libérate!, pero tiveron que disolverse como grupo momentaneamente cando Bautista entrou no servizo militar. "Get on Your Knees", especificamente, ralcanzou o status de triplo disco de ouro.Billboard OCTOBER 19, 1968, ... Bautista, lead singer with Los Canarios — a group from the Canary Islands — wrote the song "Get On Your Knees," which has just been ...Billboard "in 1968, we had a European hit called "Get On Your Knees" that went triple-gold"
Durante a primeira metade dos anos 70 o estilo da banda aproximouse ao rock progresivo, xa que Bautista experimentaba cada vez máis con sintetizadores e música electrónica. Todo isto chegou a bo porto mediante Ciclos (1974), un álbum dobre que chegou como unha adaptación ao rock sinfónico das "Catro estacións" de Vivaldi.Album review on allmusic.com
O grupo disolveuse definitivamente en 1974.
Discografía Flying High with The Canaries (1967) Libérate! (1970) Canarios vivos!!!! (1972) Ciclos (1974)
Notas
Categoría:Grupos musicais de España Categoría:Grupos musicais formados en 1964 Categoría:Grupos musicais separados en 1974