O Máster en Formación do Profesorado, co título completo Máster en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas é un título universitario de posgrao en educación, que se cursa despois dun título universitario (licenciatura ou grao), e é a Titulación académica básica, requisito en España para a docencia (titulación habilitante) en educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, formación profesional e ensinanzas de linguas.

Este máster foi constituído en 2008 en España e é equivalente ao Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP), con diferenzas marcadas pola estrutura académica a partir da aplicación do Plan Boloña.

Especialidades A diferenza do Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP), o MFPR limitou as especialidades segundo a titulación universitaria. Entre as especialidades do MFPR están:

Física e Química Bioloxía e Xeoloxía Matemáticas Xeografía e Historia Lingua e Literatura galegas, castelás, catalás ou vascas (éuscaro) Linguas estranxeiras (inglés, francés, alemán ou italiano) Economía e Empresa Debuxo e Artes Plásticas Tecnoloxía e TI Orientación Educativa Formación e Orientación Laboral Procesos Sanitarios Filosofía Mercadotecnia e Comercio Intervención sociocomunitaria Turismo e Hostalería Procesos e Medios

Notas

Véxase tamén Outros artigos Educación secundaria Ensino superior Adestramento Mestrado

Categoría:Ensino en España