Benigno Benavides Álvarez, nado en Nigrán cara a 1913, foi un mariñeiro e político galego.

Traxectoria Mariñeiro veciño de Priegue. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O xuíz militar emitiu unha requisitoria para a súa presentación e a de Francisco Misa Aballe, José Misa Rodríguez, Juan Manuel Salgueiro Rial, José Fernández Fernández, Maximiliano Comesaña Pérez, Victorino Hermida Misa e Enrique Giráldez Piña o 24 de agosto.El Pueblo Gallego, 24-8-1936, p. 2. Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 7 de novembro con Maximiliano Comesaña Pérez e José Puentes Méndez.El Pueblo Gallego, 8-11-1936, p. 3. Foi xulgado en tres causas militares e declarado en rebeldía. Cando rematou a guerra entregouse, foi xulgado en consello de guerra en Vigo por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Posteriormente a condena foi conmutada a 3 anos. Cumpriu condena na Prisión de Partido de Vigo da que saíu en liberdade condicional en febreiro de 1942.BOE, 2-3-1942, p. 1518. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en maio de 1943.BOE, 16-9-1943, p. 3271.BOE, 29-9-1943, p. 3410. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Maximino “O Sapo”

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en ano descoñecido