Inioluwa Deborah Raji ( Deborah Raji ) nada en Port Harcourt (Nixeria) é unha investigadora e enxeñeira especializada na ética da intelixencia artificial .

É especialmente coñecida polo seu traballo sobre nesgos nos algoritmos de recoñecemento facial .

Tamén é coautora con Timnit Gebru e Margaret Mitchell dun estudo para os modelos de aprendizaxe automática .

Traxectoria Estudou enxeñería na Universidade de Toronto e graduouse en 2019.

Despois coñeceu a Joy Buolamwini e colaborou con ela no proxecto Gender Shades, un proxecto destinado a desenvolver un conxunto de datos para probar os nesgos dos algoritmos de recoñecemento facial. .

Deborah Raji traballa con Joy Buolamwini, Timnit Gebru e a Algorithmic Justice League na investigación do nesgo de xénero e raza na tecnoloxía de recoñecemento facial. Tamén traballou co equipo de Ética da Intelixencia Artificial de Google e é investigadora no Partnership on AI e AI Now Institute da Universidade de Nova York. En 2020 uniuse á Mozilla.

Foi recoñecida polo MIT Technology Review e Forbes como unha das innovadoras máis importantes do mundo.

Notas

Categoría:Investigadores da intelixencia artificial Categoría:Nados en Nixeria