Jair Amador Silos, nado en São Jorge de Arroios (Lisboa) o 21 de agosto de 1989, é un futbolista hispano-portugués que xoga como defensa central no Real Zaragoza, da Segunda División.
Traxectoria
Comezos Nado na antiga freguesía de São Jorge de Arroios, en Lisboa, nunca coñeceu aos seus pais, de nacionalidade caboverdiana, e aos seis anos foi adoptado por unha familia española, trasladándose entón á localidade estremeña de Villanueva de la Serena. Comezou a xogar ao fútbol na UD La Cruz Villanovense e en 2008 debutou na Rexional Preferente nas filas do CD Hernán Cortés, club no que xogaba cedido polo Villanovense.
Tras contar con poucas oportunidades co Villanovense na tempada 2010/11, no verán de 2011 saíu cedido ao CD Miajadas, da Tercera División. Militou durante dúas campañas no club de Miajadas, ata que en xullo de 2013 regresou ao Villanovense, que viña de descender da Segunda División B.
Foi titular habitual durante a campaña 2013/14, na que o club logrou o ascenso de volta á terceira categoría. O 6 de xullo de 2015 fichou polo Atlético Levante, tamén de Segunda B.
Huesca O 24 de xuño de 2016, asinou un contrato de dous anos co Huesca, da Segunda División. Debutou na categoría de prata o 20 de agosto, saíndo como titular nun empate sen goles ante o Alcorcón.
Marcou o seu primeiro gol o 2 de decembro de 2017, contra o Córdoba, e rematou a tempada 2017/18 como titular indiscutible, participando en todos os partidos de liga e contribuíndo con catro goles ao ascenso do equipo á Primeira División.
Maccabi Tel Aviv En xuño de 2018 asinou un contrato de tres anos co Maccabi Tel Aviv de Israel. Na súa primeira tempada, axudou ao club a gañar tanto a Super Liga como a Copa de Israel, pero perdeu protagonismo na seguinte campaña, na que o equipo revalidou o título de liga.
Zaragoza No verán de 2020 regresou a España, fichando polo Real Zaragoza, da Segunda División.
Palmarés Maccabi Tel Aviv
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Futbolistas de Estremadura Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CF Villanovense Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv FC Categoría:Xogadores do Real Zaragoza