Minoru Muraoka (en ), nado en Miyakonojō no ano 1923 (aínda que outras referencias sitúan o seu lugar de nacemento en Yamada) e finado en Miyazaki o 2 de xaneiro de 2014, foi un frautista xaponés de jazz. Muraoka é recordado como o pioneiro que introduxo a shakuhachi, frauta de bambú tradicional do folclore xaponés, no jazz internacional e como extensión na música xaponesa contemporánea.

Traxectoria Nado en 1923, Muraoka comezou a estudar o shakuhachi cando era adolescente. A finais dos anos 50, tras practicar as obras de Shinkyoku shakuhachi, propias da era Meiji, decide comezar a fusionalas co jazz. A finais dos 60, cun grupo de músicos bautizados como The Life Theatres, Muraoka publicou o álbum de jazz-rock Shakuhachi Rock. A crítica occidental apenas o cualificaría como música rock se non fose por "artificios rítmicos".

O 7 de abril de 1970 gravou e estreou en privado Osorezan, un concerto en directo dedicado ao monte Osore, o volcán activo e a mitolóxica "entrada ao inferno" no norte do Xapón. Unha mestura de música folclórica, pop, rock e jazz occidental.

Discografía Bamboo (United Artist Records, 1970) So (United Artist Records 1973)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Minoru Muraoka - The Positive and the Negative, en youtube

Categoría:Frautistas de jazz Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2014