O tesouro de Buscás é un conxunto de 16 moedas medievais castelán-leonesas de billón achado na parroquia de Buscás, Ordes, na década de 1960.

Historia Sábense poucos datos precisos acerca da aparición do Tesouro de Buscás. Descoñécese detalles tan salientables como a súa localización exacta —dentro da parroquia de San Paio de Buscás, Ordes—"Tesouriño de Buscás (Ordes, A Coruña)". En Balseiro García, A. (ed.) (2001). Páxina 55. e a identidade dos seus descubridores. A datación non pode concretarse máis que na década de 1960 e tampouco é posible precisar a súa composición orixinal, xa que hai varios inidicios de que estaba composto por máis moedas das que hoxe se coñecen.Ferreiro Boquete, J. J. "O Tesouriño de Buscás". Historia de Ordes (e comarca) (Ordestories.blogspot.com).

Os escasos datos coñecidos son os achegados polo historiador galego Manuel Vázquez Seijas cando fixo doazón do tesouro ao Museo Provincial de Lugo, que daquela dirixía, o 2 de xuño de 1967. O conxunto foi rexistrado co número 6.112/29."C.2. Buscás (Ordes, A Coruña)". En Balseiro García, A. et al. (2021). Páxina 774.

En 1999, o tesouro foi exposto no Pazo de Xelmírez de Santiago de Compostela. No catálogo da exposición figura un estudo do tesouro por parte de J. Suárez Otero.Suárez Otero, J. (1999).

Composición O tesouro conservado componse de 16 pezas en bo estado de conservación, das cales 13 son diñeiros leoneses e outras tres son divisores denominados meallas ou óbolos, todas elas da época de Afonso VIII de León e Galicia (1188-1230) e Fernando III de Castela (1230-1252), da tipoloxía da cruz nunha das súas faces e un león cara á dereita na outra.

Canto ás cecas de procedencia destas moedas, polo menos oito delas (cinco diñeiros e tres divisores) corresponden á Casa da Moeda de Santiago de Compostela, en tanto que as restantes teñen marcas de ceca de Estremadura, Ciudad Rodrigo e León, así como unha de procedencia incerta.Núñez Meneses, P. (2016). Páxina 1.381.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9 Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9 Balseiro García, A. et al. (2021-b-). "Recorrido por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo: programa de investigación y proyectos de divulgación". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 593-598. ISBN 978-84-89157-85-9 Suárez Otero, J. (1999). “Tesouriño de Buscás (Ordes, A Coruña)”. En Xacobeo 99 Galicia. Santiago de Compostela. Páxinas 262-263. Núñez Meneses, P. (2016). "Hallazgo de Ordes del Museo Provincial de Lugo". En Actas. XV Congreso Nacional de Numismática (Madrid, 28-30 octubre 2014). RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 1.377-1.384. ISBN 978-84-89157-73-6

Outros artigos

Museo Provincial de Lugo

Categoría:Tesouros monetarios Buscás Categoría:Tesouros romanos Categoría:Numismática de Galicia Categoría:Ordes Categoría:Historia medieval de Galicia Categoría:Moedas da Idade Media Categoría:Museo Provincial de Lugo Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Categoría:Lugo sen imaxes