Urko Iruretagoiena Lertxundi, máis coñecido como Izeta, nado en Aia o 29 de setembro de 1999, é un futbolista vasco que xoga como dianteiro no Mirandés, da Segunda División, cedido polo Athletic de Bilbao.
Traxectoria Chamado Izeta polo alcume da súa familia, formouse nas canteiras do Ostadar, o Zarautz KE e a SD Eibar. Despois de facer o seu debut co segundo filial do club, o SD Eibar Urko durante a tempada 2017/18, foi ascendido ao CD Vitoria, primeiro filial.
O 1 de setembro de 2021 saíu cedido ao Arenas de Getxo, da Segunda Federación, co que marcou 19 goles, sen poder conseguir o ascenso na promoción. Na tempada 2022/23 xogou cedido no Amorebieta, da Primeira Federación.
En xaneiro de 2023 púxose fin á súa cesión e foi traspasado ao Bilbao Athletic, co que asinou un contrato por dous anos e medio. Incapaz de evitar o descenso na súa primeira campaña, marcou 21 goles na segunda, contribuíndo ao regreso do equipo á Primeira Federación.
En agosto de 2024 foi cedido ao Mirandés, da Segunda División. Debutou na categoría de prata oito días despois, na vitoria por 1-0 ante o Córdoba. No derradeiro partido de 2024 asinou un triplete contra o Deportivo da Coruña en Riazor, para levar a vitoria do estadio galego por 0-4 e pechar a primeira volta co segundo posto na clasificación.
Notas
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Guipúscoa Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Arenas Club de Getxo Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do CD Mirandés