miniatura|Partido entre o Deportivo da Sala Calvet e o Pontevedra Sporting no Corralón da Gaiteira o 24 de agosto de 1907, na segunda xornada do Campionato de Galicia e Asturias. A tempada 1906/07 foi a primeira tempada de existencia do Deportivo da Sala Calvet (hoxe Deportivo da Coruña).
Resumo da tempada A finais de 1906, un grupo de alumnos da Sala Calvet que eran ademais futbolistas do Club Coruña, foron desafiados por alumnos doutras disciplinas deportivas a dous partidos de fútbol que se xogaron o 8 e o 9 de decembro no Corralón da Gaiteira. Para o primeiro deles, o equipo da Sala Calvet formou con Salvador Fojón na portería, Juan Long e Venancio Deus na defensa, Ángel Rodríguez e Manuel Álvarez no centro do campo e Félix de Paz, Virgilio, Juan Manuel López e Pedro Martínez Urioste na dianteira. Sobre os dous xogadores restantes existen dúas versións diferentes: segundo algunhas fontes, baseadas nas testemuñas de Fojón e Manuel Álvarez, os outros dous xogadores eran o centrocampista Ángel Boville e o dianteiro Francisco Martínez; mentres que outra das versións, respaldada por Virgilio, afirma que completaban o once o centrocampista Daniel Aler e o dianteiro José Rodríguez.
O resultado deste primeiro encontro foi sorprendentemente favorábel para os atletas, que se impuxeron cun 2-1, con goles de Virgilio e Manuel Álvarez, mentres que o segundo partido rematou sen goles. O afervoamento desatado pola vitoria da Sala Calvet fixo que os alumnos fosen máis alén e fundasen o seu propio club, o Club Deportivo da Sala Calvet.
O 9 de xaneiro de 1907 celebrouse na Sala Calvet unha reunión na que se acordou a disolución do Club Náutico da Sala Calvet e a cesión da súa traiñeira ao novo Club Deportivo, pasando a ser os socios fundadores do Club Náutico fundadores tamén do Club Deportivo. Aos 19 fundadores do Club Náutico (Federico Fernández-Amor Calvet, Rogelio Fernández Conde, Juan Long, Venancio Deus, Ramón Moscoso, Salvador Fojón, Laureano Martínez, Francisco Martínez, Mariano de Paz, José Martínez Urioste, José Rey, Emilio Alba, Pedro Martínez Urioste, Virgilio Rodríguez, Félix de Paz, Germán Berguer, José Longueira, Doroteo Fernández e Jesús Arias) sumáronse nove homes máis: Manuel Álvarez, Javier Mariño, Daniel Aler, Gonzalo Villanueva, José L. García, Abelardo Pérez Chas, Enrique Rodríguez Chas, Francisco Aldao e Ángel Rodríguez.
Entre todos nomearon a primeira directiva da historia do club, co monfortino Luis Cornide como presidente, Rogelio Fernández como vicepresidente, Emilio Alba como tesoureiro, José Longueira como contador e Gonzalo Villanueva como secretario. Ademais nomeáronse os capitáns das tres seccións do club: Juan Long (fútbol), José Martínez Urioste (náutica) e Salvador Fojón (pushball).
Tres días antes da xuntanza o equipo disputara o seu terceiro partido, contra a tripulación do vapor inglés General Gordon, e conseguira a primeira goleada da súa historia ao vencer por 7-1. En maio o segundo equipo do Deportivo enfrontouse ao María Pita, club coruñés fundado en 1905. En agosto de 1907, con motivo das festas de María Pita, a Liga de Amigos da Coruña organizou un torneo de fútbol no que se puxo en xogo unha copa doada polas deputacións galegas, así como medallas de ouro e prata para o primeiro e segundo clasificados. Con todo, as normas do torneo, denominado Campionato de Galicia e Asturias (para se diferenciar do Campionato de Galicia que organizaba o Vigo FC), indicaban que só podía participar unha sociedade por cada pobo, polo que se tivo que disputar previamente unha eliminatoria entre os dous clubs coruñeses inscritos, o Coruña e o Deportivo da Sala Calvet.
No primeiro partido da serie eliminatoria, disputado o 21 de xullo de 1907 no Corralón da Gaiteira, o capitán coruñista Julio Sáenz marcou o primeiro gol, pero o Deportivo deulle a volta ao marcador cun gol de Virgilio e outro en propia meta do porteiro do Coruña, Rouco. Catro días despois no mesmo escenario disputouse o segundo encontro, ante uns 3.000 espectadores, saíndo vitorioso de novo o Deportivo por 5-1. Xa na fase final do torneo, que se xogou a modo de triangular, o Deportivo enfrontouse primeiro ao Pontevedra Sporting Club, sufrindo a primeira derrota da súa historia (1-2), e logo ao Fortuna de Vigo, caendo goleado por 1-7.
Persoal
Xogadores +PosNacNomePORSalvador FojónDEFLongDEFDeusMEDÁngel RodríguezMEDManuel ÁlvarezMEDAlerMEDAbelardo ChasMEDGonzalo VillanuevaMEDFariñaDIAFélix de PazDIAVirgilioDIALópezDIAPedro UriosteDIAJosé RodríguezDIAFrancisco MartínezDIADoroteo FernándezEnrique MoreirasIgnacio PedregalManuel ColladoJosé FojónJavier Mariño
Xunta directiva +CargoNomePresidente Luis CornideVicepresidente Rogelio Fernández CondeTesoureiro Emilio AlbaContador José LongueiraSecretario Gonzalo Villanueva
Partidos
Amigables
Campionato de Galicia e Asturias
Notas
Véxase tamén Bibliografía
1907 Categoría:Fútbol en 1906 Categoría:Fútbol en 1907