Manuel Soto Rodríguez, nado en Nigrán cara a 1915 e finado en Vigo o 7 de outubro de 1939, foi un mariñeiro e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Mariñeiro veciño de Priegue, afiliado ao Sindicato de Marineros da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e formou parte dunha partida armada. Foi detido en 1939. Xulgado en Vigo na causa 87/39 por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Executado en Vigo o 7 de outubro de 1939, a súa morte rexistrouse a causa de hemorraxia interna.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas A volta das nove
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Nigrán
Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1939