Salvaterra de MiñoNomenclátor da Xunta de Galicia. Busca das parroquias de Salvaterra de Miño. é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2024 tiña 10.459 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».

Xeografía O concello, de 62,5 km², está situado ao sur da provincia de Pontevedra, na confluencia dos vales do río Tea e o Miño. Limita ao norte con Mondariz e Ponteareas, ao sur con Monção (na beira portuguesa do Miño), ao leste coas Neves (a través dos montes da Paradanta) e ao oeste con Salceda de Caselas e a parroquia tudense de Caldelas de Miño.

Demografía

+ Evolución histórica da poboación

Distribución de idade da poboación Censo total de habitantes10459Menores de 15 anos1278Entre 15 e 64 anos6378Maiores de 65 anos2443

Historia O 24 de maio de 991 o rei Vermudo II doou á Arquidiocese de Santiago de Compostela o señorío e val de Salvaterra, herdado do seu pai Ordoño III. A fundación da vila de Salvaterra foi promovida en 1218 polo rei Afonso IX. O obxectivo era facilitar a viláns e pecheiros os medios de burlar os excesos dos señores feudais. Tralas guerras entre Tareixa de Portugal e Urraca de Castela a comezos do século XIII, Salvaterra pertenceu a Portugal. En 1643 foi ocupada por tropas castelás no marco da Guerra de restauración portuguesa. O nome de Salvaterra aparece no século XIV, cando se substituíu o topónimo da vila de Lazoiro.

Segundo relata Vasco da Ponte, logo da Gran Guerra Irmandiña, cando Pedro Madruga pasou a Portugal fuxindo do arcebispo de Compostela e do conde de Monterrei, asaltou a gornición de Salvaterra.

En 1568 o señor de Salvaterra, Diego Sarmiento, acudiu con 500 homes á defensa de Pontevedra contra as incursións do pirata Francis Drake, que xa desembarcara en Vigo.

Até 1916 recibía simplemente o nome de Salvaterra, pero coa reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 pasou a chamarse Salvaterra de Miño para distinguilo doutros concellos de España, como Salvatierra-Agurain en Araba ou Salvatierra de Esca en Zaragoza.

Cultura Patrimonio Castelo de Salvaterra (Pazo de Dona Urraca) Covas de Dona Urraca Murallas do século XVII Capela da Oliveira Igrexa de San Lourenzo de Salvaterra Pazo de Lira Pazo-torre de Petán Portalón da Inquisición Pazo de Barreiras Pazo da Fillaboa Ponte da Fillaboa Pazo de Santo Amaro Pazo do Piñeiro Pazo de Souto

Pazo de Dona Urraca O castelo de Salvaterra ou castelo de Dona Urraca é unha fortaleza medieval ao pé do río Miño. As súas orixes remóntanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9 700 m² conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.

O castelo de Salvaterra e a súa contorna histórica foron declarados en 1949 Bens de Interese Cultural.

Etnografía Festas e celebracións Festa do viño do Condado. Festival da Poesía no Condado.

Salvaterra na literatura popular Vilanova é do rei,/ Salvaterra da raíña;/ se eu fora filla do rei/ Vilanova érache miña Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia de Celanova; Salvaterra de Miño, concello da provincia de Pontevedra..

Economía Salvaterra ten características de cidade satélite de Vigo, da cal dependen economicamente a meirande parte dos seus habitantes. Preto do núcleo principal da vila atópase un pequeno polígono industrial. A partir de 2001 comezou a proxectarse a Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN), proxectada no leste do concello co obxectivo de aliviar a falta de solo industrial na Área Metropolitana de Vigo. Despois de vinte anos de litixios e construción promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Xunta de Galiza e o Porto de Vigo, espérase que se efectúe a construción de numerosas naves industriais de distintas firmas nos vindeiros anos.

Alén disto, destacan tamén a produción de viño, a extracción de áridos no río Mendo, o turismo e a pesca da lamprea.

Galería de imaxes Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Salvaterra de Miño

Parroquias

Lugares de Salvaterra de Miño Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Salvaterra de Miño vexa: Lugares de Salvaterra de Miño.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Oya Pérez, Elisa. Informe Económico año 2004 Antena Salvaterra de Miño .

Ligazóns externas Gonzalo Navaza en "O Seminario de Onomástica responde (Real Academia Galega, 7.10.2024)