O Campionato de España-Copa da Súa Maxestade o Rei, comunmente coñecida como Copa do Rei ou simplemente A Copa, é un torneo futbolístico por eliminación directa que se disputa anualmente entre os mellores clubs de España. Organízao a Real Federación Española de Fútbol.
Foi creada en 1903, a raíz do éxito da Copa da Coroación disputada un ano antes, sendo o torneo nacional de fútbol máis antigo de España. Aínda que a denominación histórica e xénerica da competición é a de Campionato de España, o título da competición modificouse ao longo dos anos en función do Xefe de Estado español, que é quen outorga o trofeo. Foi a Copa do Rei entre 1903 e 1932, a Copa do Presidente da República entre 1932 e 1936, o Torneo Nacional de Fútbol en 1939, a Copa do Xeneralísimo entre 1940 e 1976, e desde 1977 novamente a Copa do Rei.
O campión da Copa do Rei de fútbol 2025/26 foi lea Real Sociedad, tras gañar ao Atlético de Madrid por 4-3 nos penaltis, logo de empatar 2-2. O equipo con máis títulos é o propio FC Barcelona con 32 copas, seguido do Athletic Club, con 24.
Sistema de competición
Actualmente toman parte 83 equipos: todos os da Primeira e Segunda División, os cinco primeiros clasificados de cada grupo da Segunda B e os campións de Terceira, excluíndo os equipos filiais.
Na primeira eliminatoria participan os 42 clubs non profesionais, isto é, Segunda B e Terceira, que se emparellan por sorteo. As eliminatorias dispútanse a partido único. Na segunda rolda entran en liza os clubs de Segunda División. A partir da cuarta rolda, dezaseisavos de final, incorpóranse os clubs de Primeira e as eliminatorias pasan a ser a dobre partido (ida e volta) excepto a final, que se disputa a un partido en terreo neutral.
O campión de Copa obtén a clasificación para disputar a Liga de Europa da seguinte tempada (de 1961 ata 1999 participaba na Recopa de Europa). Ademais, disputa a Supercopa de España, enfrontándose ao campión da Liga española desa mesma tempada.
Ata a tempada 2004/2005 xogábase a partido único no campo do equipo máis débil ata oitavos de final. Oitavos de final, cuartos de final e semifinais xogábanse a partido dobre. A final disputábase a partido único nun terreo neutral. Con todo, na tempada 2005/2006, a Real Federación Española de Fútbol modificou este sistema en favor doutro que desatou gran polémica entre os clubs de divisións inferiores: os equipos de Segunda B enfróntanse entre eles, logo xogan contra os de Segunda, os gañadores compiten outra vez entre eles e logo incorpóranse os equipos de Primeira que non disputan competicións europeas. Os equipos participantes da Europa League ou a Liga de Campións non comezan ata oitavos de final. Foi na tempada 2006-2007 cando a Real Federación Española de Fútbol volveu modificar o sistema. Os clubs de Segunda B enfróntanse entre eles, logo xogan contra os de Segunda e, posteriormente, en dezaseisavos de final, xogan contra todos os conxuntos de Primeira, xoguen ou non competicións europeas.
Historia 250px|miniatura|Os xogadores do Athletic Club coa primeira Copa de España, en 1903.
O primeiro campionato de fútbol, a nivel nacional, disputado en España foi o Concurso Madrid, un torneo impulsado polos irmáns Carlos e Juan Padrós, ambos os fundadores do Madrid CF, que foi organizado por este club madrileño, en 1902, con motivo dos festexos da maioría de idade do rei Afonso XIII. O éxito alcanzado por este torneo fixo que en 1903 Carlos Padrós decidise instaurar un Campionato de España, con carácter anual, que reunise aos mellores equipos do país. Para iso limitou a participación a un representante por provincia e conseguiu que o Rei Afonso XIII doase unha copa para o campión. O trofeo, segundo as bases, pasaría a ser propiedade do club que se proclamase campión tres anos consecutivos ou cinco alternos. O Madrid FC encargouse inicialmente da organización e os partidos disputáronse, do mesmo xeito que no Concurso Madrid dun ano antes, no Hipódromo da Castellana. O torneo desenvolveuse como unha liguiña, na que tomaron parte tres clubs: Club Español de Barcelona, Madrid FC, Athletic Club de Bilbao, proclamándose este campión ao vencer no último e decisivo partido aos madrileños.
As dúas seguintes edicións foron organizadas pola Federación Madrileña -organismo que fora fundado por Carlos Padrós- aínda que a partir de 1906 o Madrid FC volveu tomar as rendas do torneo.
Logo de sete anos organizándose o torneo en Madrid, acordouse que a partir de 1909 -ano en que gañou o Club Ciclista- o equipo campión fose o organizador da seguinte edición. Ese mesmo 1909 creouse a Federación Española de Clubs de Foot-ball, a quen as bases do Campionato España ortorgaban o dereito a organizar o torneo unha vez constituída. A Real Sociedad -sucesora do Club Ciclista- que se consideraba lexitimada para organizar o campionato de 1910, non recoñeceu ao novo organismo federativo e, xunto con outros equipos disidentes, creou a Unión de Clubs de Football.
Este cisma propiciou que en 1910 disputásense dous torneos nacionais, o organizado polos equipos da Federación Española de Clubs e o da Unión de Clubs. Finalmente, en outubro dese ano ambas as faccións asinaron a paz: os clubs disidentes recoñeceron á Federación Española, que á súa vez daba oficialidade ao Campionato de España organizado pola Unión de Clubs.
No entanto, as discrepancias entre as sociedades futbolísticas da época continuaron e tres anos máis tarde, producíase un novo cisma, cando o FC Barcelona e a Real Sociedad, entre outros equipos, déronse de baixa da Federación para refundar a Unión de Clubs. Novamente, en 1913 disputáronse dous campionatos de Copa, antes do acordo que permitiu a reunificación definitiva do fútbol español, coa constitución da Real Federación Española.
O novo organismo aprobou novas bases para o Campionato de España, para pór fin ás disputas que marcaran as últimas edicións do torneo. Acordouse, entre outras medidas, institucionalizar os campionatos organizados polas distintas federacións rexionais como unha fase previa a Copa do Rei. Dividiuse o estado en dez rexións, aínda que inicialmente só en catro (Galicia, Norte, Cataluña e Centro) xa existían federacións con campionatos rexionais en marcha.
O torneo foi crecendo a medida que se puñan en marcha novos campionatos rexionais por toda a xeografía española. Así mesmo, a partir de 1927 ampliouse a participación no torneo aos subcampións rexionais.
Finais
Copa do Rei (1977–)
Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio IncidenciasNeste apartado indicanse os resultados dos partidos de desempate (cando se disputaban) ou das quendas de penaltis.2025–26Real SociedadAtlético de Madrid2-2La CartujaPenaltis (4-3)2024–25BarcelonaReal Madrid3-2La Cartuja2023–24Athletic ClubMallorca1-1La CartujaPenaltis (4-2)2022–23Real MadridOsasuna 2-1 La Cartuja 2021–22 Betis Valencia 1-1 La Cartuja Penaltis (5-4) 2020–21 Barcelona Athletic Club 4-0 La Cartuja 2019–20 Real Sociedad Athletic Club 1-0 La Cartuja 2018–19 Valencia Barcelona 2-1 Benito Villamarín 2017–18 Barcelona Sevilla 5-0 Wanda Metropolitano 2016–17 Barcelona Alavés 3-1 Vicente Calderón 2015–16 Barcelona Sevilla 2-0 Vicente Calderón 2014–15 Barcelona Athletic Club 3-1 Camp Nou 2013–14 Real Madrid Barcelona 2-1 Mestalla 2012–13 Atlético de Madrid Real Madrid 2-1 Santiago Bernabéu 2011–12 Barcelona Athletic Club 3-0 Vicente Calderón 2010–11 Real Madrid Barcelona 1-0 Mestalla 2009–10 Sevilla Atlético de Madrid 2-0 Camp Nou 2008–09 Barcelona Athletic Club 4-1 Mestalla 2007–08 Valencia Getafe 3-1 Vicente Calderón 2006–07 Sevilla Getafe 1-0 Santiago Bernabéu 2005–06 Espanyol Zaragoza 4-1 Santiago Bernabéu 2004–05 Betis Osasuna 2-1 Vicente Calderón 2003–04 Zaragoza Real Madrid 3-2 Lluís Companys 2002–03 Mallorca Recreativo de Huelva 3-0 Martínez Valero 2001–02 Deportivo da Coruña Real Madrid 2-1 Santiago Bernabéu 2000–01 Zaragoza Celta de Vigo 3-1 La Cartuja 1999–00 Espanyol Atlético de Madrid 2-1 Mestalla 1998–99 Valencia Atlético de Madrid 3-0 La Cartuja 1997–98 Barcelona Mallorca 1-1 Mestalla Penaltis (5-4) 1996–97 Barcelona Betis 3-2 Santiago Bernabéu 1995–96 Atlético de Madrid Barcelona 1-0 La Romareda 1994–95 Deportivo da Coruña Valencia 2-1 Santiago Bernabéu 1993–94 Zaragoza Celta de Vigo 0-0 Vicente Calderón Penaltis (5-4) 1992–93 Real Madrid Zaragoza 2-0 Luis Casanova 1991–92 Atlético de Madrid Real Madrid 2-0 Santiago Bernabéu 1990–91 Atlético de Madrid Mallorca 1-0 Santiago Bernabéu 1989–90 Barcelona Real Madrid 2-0 Luis Casanova 1988–89 Real Madrid Valladolid 1-0 Vicente Calderón 1987–88 Barcelona Real Sociedad 1-0 Santiago Bernabéu 1986–87 Real Sociedad Atlético de Madrid 2-2 La Romareda Penaltis (4-2) 1985–86 Zaragoza Barcelona 1-0 Vicente Calderón 1984–85 Atlético de Madrid Athletic Club 2-1 Santiago Bernabéu 1983–84 Athletic Club Barcelona 1-0 Santiago Bernabéu 1982–83 Barcelona Real Madrid 2-1 La Romareda 1981–82 Real Madrid Sporting de Gijón 2-1 José Zorrilla 1980–81 Barcelona Sporting de Gijón 3-1 Vicente Calderón 1979–80 Real Madrid Castilla 6-1 Santiago Bernabéu 1978–79 Valencia Real Madrid 2-0 Vicente Calderón 1977–78 Barcelona Las Palmas 3-1 Santiago Bernabéu 1976–77 Betis Athletic Club 2-2 Vicente Calderón Penaltis (8-7)
Copa do Xeneralísimo Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias 1975–76 Atlético de Madrid Zaragoza 1-0 Santiago Bernabéu 1974–75 Real Madrid Atlético de Madrid 0-0 Vicente Calderón Penaltis (4-3) 1973–74 Real Madrid Barcelona 4-0 Vicente Calderón 1972–73 Athletic Club Castellón 2-0 Vicente Calderón 1971–72 Atlético de Madrid Valencia 2-1 Santiago Bernabéu 1970–71 Barcelona Valencia 4-3 Santiago Bernabéu 1969–70 Real Madrid Valencia 3-1 Camp Nou 1968–69 Athletic Club Elche 1-0 Santiago Bernabéu 1967–68 Barcelona Real Madrid 1-0 Santiago Bernabéu 1966–67 Valencia Athletic Club 2-1 Santiago Bernabéu 1965–66 Zaragoza Athletic Club 2-0 Santiago Bernabéu 1964–65 Atlético de Madrid Zaragoza 1-0 Santiago Bernabéu 1963–64 Zaragoza Atlético de Madrid 2-1 Santiago Bernabéu 1962–63 Barcelona Zaragoza 3-1 Camp Nou 1961–62 Real Madrid Sevilla 2-1 Santiago Bernabéu 1960–61 Atlético de Madrid Real Madrid 3-2 Santiago Bernabéu 1959–60 Atlético de Madrid Real Madrid 3-1 Santiago Bernabéu 1958–59 Barcelona Granada 4-1 Santiago Bernabéu 1958 Athletic Club Real Madrid 2-0 Santiago Bernabéu 1957 Barcelona Espanyol 1-0 Montjuïc 1956 Athletic Club Atlético de Madrid 2-0 Santiago Bernabéu 1955 Athletic Club Sevilla 1-0 Santiago Bernabéu 1954 Valencia Barcelona 3-0 Nuevo Chamartín 1952–53 Barcelona Athletic Club 2-1 Nuevo Chamartín 1952 Barcelona Valencia 4-2 Nuevo Chamartín 1951 Barcelona Real Sociedad 3-0 Nuevo Chamartín 1949–50 Athletic Club Valladolid 4-1 Nuevo Chamartín 1948–49 Valencia Athletic Club 1-0 Nuevo Chamartín 1947–48 Sevilla Celta de Vigo 4-1 Nuevo Chamartín 1947 Real Madrid Espanyol 2-0 Riazor 1946 Real Madrid Valencia 3-1 Montjuïc 1944–45 Athletic Club Valencia 3-2 Montjuïc 1944 Athletic Club Valencia 2-0 Montjuïc 1943 Athletic Club Real Madrid 1-0 Metropolitano 1942 Barcelona Athletic Club 4-3 Chamartín 1941 Valencia Espanyol 3-1 Chamartín 1940 Espanyol Real Madrid 3-2 Vallecas 1939A Copa tivo que interromperse durante os anos que durou a Guerra Civil española. Ao caer a república, a Copa cambiou o seu nome polo de "Copa do Xeneralísimo". Sevilla Racing de Ferrol 6-2 Montjuïc
Copa España Libre Esta edición, disputada durante a guerra civil española na zona republicana, non era recoñecida oficialmente. Unha iniciativa parlamentaria para o recoñecemento deste títuloReconocen al Levante como campeón oficial de la Copa de 1937, en marca.com. foi estudada pola Real Federación Española de Fútbol pero foi rexeitada en 2009 pola súa asemblea tras un informe desfavorable do CIHEFE que concluíu se tratou dun torneo de carácter amigable organizado polo presidente do Valencia CF. Finalmente en 2023, a RFEF acabou por recoñecer a oficialidade desta competición, aínda que non como unha edición máis da Copa do Rei.