O tesouro da rúa Cedrón del Valle é un conxunto de 28 moedas romanas de prata (denarios) que foi atopado en 1941 na rúa da cidade de Lugo chamada así daquela e renomeada posteriormente como rúa Isaac Díaz Pardo.
Descuberta
O tesouro saíu á luz a finais de 1941, ao se facer o desmonte dun terreo próximo ao Parque Rosalía de Castro, na parte correspondente á que daquela se chamaba rúa de Cedrón del Valle.Cavada Nieto, M. (2005). Páxina 54."Tesouriño da rúa Cedrón del Valle (Lugo)". En Balseiro García, A. (coord.) (2001). Páxina 46.
O conxunto de 28 denarios, que presentaba un bo estado de conservación, foi adquirido polo Museo Provincial de Lugo por 23 pesetas, segundo consta na ficha de ingreso nesta institución, co número 1.128 e data do 27 de decembro de 1941."A.2. c/ Cedrón del Valle". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxina 769.
Contido Os denarios deste tesouro foron obxecto dun estudo preliminar en 1943 por parte de Manuel Vázquez Seijas,Vázquez Seijas, M. (1943). e posteriormente por Rui Centeno en 1987.Centeno, R. M. S. (1987). Páxinas 62-63.
A atribución dos denarios é a seguinte:
PeríodoDataciónExemplaresRepúblicaSéculo I a.C.4Octavio Augusto27 a.C. - 14 d.C.4Tiberio14-37 d.C.7Nerón54-68 d.C1Otón69 d.C.1Galba68-69 d.C.2Petronio Turpiliano68 d.C.1Vespasiano69-79 d.C6Domiciano81-96 d.C.2
Canto ás cecas romanas de procedencia destes denarios, as que puideron ser identificadas son as da propia cidade de Roma e a ceca de Lugdunum.Cavada Nieto, M. (2005). Páxina 54.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9 Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9 Cavada, Nieto, M. (1984). “Dos tesorillos monetarios aparecidos en Galicia”. En Actas del II Congreso Galaico-Minhoto. Vol. II. Santiago de Compostela. Páxinas 181-191. Cavada Nieto, M. (2005). "Numismática romana en la provincia de Lugo". En Boletín do Museo Provincial de Lugo. XII, 1. Páxinas 41-70 Centeno, R. M. S. (1987). Circulaçâo monetaria no noroeste de Hispania até 192. Anexos Nummus. Nº 1. Porto. Vázquez Seijas, M. (1943). "Denarios romanos”. En Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo. I. Páxinas 223-226.
Outros artigos
Tesouro Historia de Lugo Museo Provincial de Lugo
Categoría:Tesouros monetarios Rúa Cedrón del Valle Categoría:Tesouros romanos Categoría:Historia de Lugo Categoría:Gallaecia Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Museo Provincial de Lugo Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes