Dehd é unha banda estadounidense de indie rock formada en Chicago, Illinois no ano 2015. O grupo está composto por Emily Kempf (baixo e voces), Jason Balla (guitarra e voces), e Eric McGrady (batería).

Historia A banda formouse en 2015 inicialmente como un proxecto paralelo entre Jason Balla, de Dream Eagles, e Emily Kempf, de Heavy Dreams. O proxecto tiña nome combinado de Dream Eagles Heavy Dreams, pero foi abreviado rapidamente a Dehd. En 2016 Dehd lanzou un álbum autotitulado de nove temas a través do selo Maximum Pelt. A este seguiulle o EP de seis cancións Fire of Love en 2017, desta vez a través de Infinity Cat Recordings.

Dehd publicou o seu segundo álbum de estudio, Water, a través de Fire Talk Records en maio de 2019. O tema "Wild" do disco apareceu no terceiro episodio da segunda tempada da serie Charmed. Dehd xirou polos Países Baixos, Alemaña, Reino Unido e Francia en outubro dese ano como abreconcertos de Twin Peaks, tamén de Chicago.

Flower of Devotion publicouse en xullo de 2020 tras atrasarse o seu lanzamento, pervisto inicialmente para a primavera, por mor da pandemia de COVID-19. O álbum recibiu unha ampla aclamación da crítica, e Pitchfork concedeu ao lanzamento a designación de "mellor música nova".

O 14 de febreiro de 2022, Dehd released un novo sinxelo titulado "Bad Love" coincidindo co anuncio do seu cuarto álbum, Blue Skies, desta vez lanzado da man de Fat Possum Records no mes de maio.

En xaneiro a banda anunciou o seu quinto disco de estudio, Poetry, e unha xira polos Estados Unidos, e ese mesmo día publicou o seu primeiro sinxelo, “Mood Ring”. O álbum sería publicado o 10 de maio dese ano novamente a través de Fat Possum.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Dehd 2016 Maximum Pelt Water 2019 Fire Talk Flower of Devotion 2020 Fire Talk Blue Skies 2022 Fat Possum Records Poetry 2024 Fat Possum Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Chicago, Illinois Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de surf rock Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais formados en 2015