Julie zwijgt é un filme belga-sueco de 2024 dirixido por Leonardo Van Dijl (no seu debut como director) e escrito por Van Dijl e Ruth Becquart. Está protagonizado por Tessa Van den Broeck, Ruth Becquart, Koen De Bouw, Claire Bodson e Laurent Caron.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes na sección da Semana da Crítica o 18 de maio de 2024, onde gañou o premio Gan Foundation e o Premio SACD. Foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Nunha academia de tenis de elite, cando Jeremy, adestrador de Julie, a xogadora estrela, cae baixo investigación e é suspendido, todos os xogadores do equipo anímanse a falar, mais Julie permanece calada.

Personaxes Tessa Van den Broeck como Julie Ruth Becquart como Liesbeth Koen De Bouw como Tom Claire Bodson como Sofie Laurent Caron como Jeremy

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua neerlandesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes de deporte Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes ambientados en Bélxica