Yoel Lago Amil, nado en Mondariz o 25 de marzo de 2004, é un futbolista galego que xoga como defensa central ou centrocampista no Real Club Celta de Vigo "B" da Primeira Federación.

Traxectoria Nado no lugar das Quintáns, en Mondariz, uniuse ao fútbol base do RC Celta de Vigo en 2016 tras xogar no Porriño Industrial FC e no Mondariz FC. Debutou co filial o 25 de setembro de 2021 ao entrar como suplente nos minutos finais dunha derrota por 1-0 fronte ao CD Calahorra na Primeira División RFEF.

En 2023, tras finalizar a súa etapa formativa, é inscrito no Gran Peña, que por aquel entón funcionaba como equipo C do club, baixo a denominación de Celta C-Gran Peña, na Terceira Federación, aínda que nunca chegou a disputar ningún partido, ao consolidarse como un xogador habitual do filial. Logrou debutar co primeiro equipo o 26 de maio de 2024 ao partir como titular nun empate por 2-2 fronte ao Valencia CF na Primeira División.

Clubs 20x20px Actualizado co último partido disputado o .

ClubPaísAnoPartidosGolesRC Celta Fortuna2021-act.520RC Celta de Vigo2024-act.30

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista a Yoel Lago en Youtube.

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Mondariz Categoría:Futbolistas de Galicia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Gran Peña Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes