Lucía Fernández Rodríguez, nada en San Miguel de Reinante (Barreiros) o 14 de decembro de 1991, coñecida como Lucía Ferro, é unha novelista, poeta, blogger e performer galega.
Traxectoria Estudou Enfermaría na Universidade da Coruña. Emigrada ó Reino Unido no 2013, exerceu primeiro alí (March, Cambridgeshire e Cambridge) e desde finais dos 2010 nos Países Baixos. Regresou á Mariña a comezos dos 2020 coa súa primeira novela no berce, e abandonou o exercicio profesional para se dedicar á escrita, na que se pode observar a influencia do seu contacto co mundo da sanidade.
Segundo as súas propias verbas, comezou a escribir por unha necesidade vital de expresión en recoñecemento. As súas primeiras publicacións foron en Medium.
Publicou artigos en diversos medios como Praza, O Salto ou Chío, e participou en eventos como a Cedofestiña co Colectivo As Vacas Fracas.
No eido persoal, casou con José Manuel Ventoso Picos (con quen xa emigrara) no 2016 en Galicia.
Obra Prosa Resaibo amargo (2021) En Brandán (2023, ISBN 978-84-128471-1-6)
Poesía Laídos cardíacos (2024, ISBN 978-84-128471-8-5)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web persoal Blog Presentación do crowdfunding de Pomba, a que non era
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Barreiros Categoría:Nados en 1991 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña