A bandeira de Nunavut (en ) foi adoptada oficialmente o 1 de abril de 1999, ao tempo que se creou o territorio de Nunavut, no Canadá. Amosa un inuksuk vermello (un marcador de terra tradicional inuit) e unha estrela azul, que simboliza a Niqirtsuituq (ou “Niqirtsituk”), a estrela do Norte e o liderado dos maiores na comunidade. As cores azul e ouro representan as riquezas da terra, do mar e do ceo. Adoptouse seguindo un proceso no que se solicitaron achegas das comunidades locais e propostas do público canadense.

Simbolismo A bandeira do territorio canadense de Nunavut consta de dous campos, un dourado e outro branco, divididos verticalmente por un inuksuk vermello cunha estrela azul na parte superior. Seleccionáronse as cores azul e dourada para representar as "riquezas da terra, do mar e do ceo", mentres que o vermello úsase para representar o conxunto do Canadá. O inuksuk, que divide a bandeira, é un monumento de pedra tradicional usado para guiar os viaxeiros e marcar lugares sagrados. Na parte superior, a estrela azul representa a Estrela Polar (Niqirtsituk / Niqirtsuituq), un obxecto celeste importante debido ao seu papel fundamental como faro de navegación, e como símbolo da sabedoría e o liderado dos anciáns da comunidade.

Esquema de cores A bandeira de Nunavut ten as seguintes catro cores primarias e o negro delineando o inuksuk;

40pxEsquema  de cores Dourado Vermello Branco Azul Negro CMYK 0-15-99-1 0-82-95-16 0-0-0-0 100-47-0-26 0-0-0-100HEX #fdd602 #D6270B #ffffff #0164BC #000000RGB 253-214-2 214-39-11 255-255-255 0-100-188 0-0-0

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobos inuit Escudo de Nunavut Ligazóns externas

Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras do Canadá Categoría:Bandeiras introducidas en 1999