Carlos Álvarez Rivera, nado en Sanlúcar la Mayor o 6 de agosto de 2003, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Levante, da Segunda División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do CD Diez de Sanlúcar e do Sevilla. Debutou co Sevilla Atlético na Segunda División B en 2019, substituíndo a Diego García nun empate sen goles ante o Yeclano Deportivo.
O 21 de decembro debutou co primeiro equipo na Copa do Rei ante o Juventud de Torremolinos, marcando un dos tres goles do seu equipo. O 8 de xaneiro de 2023 xogou o seu primeiro encontro na Primeira División, substituíndo a Óliver Torres nunha vitoria por 2-1 ante o Getafe.
O 12 de agosto de 2023 asinou un contrato de catro anos co Levante, da Segunda División.
Notas
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético