miniatura|Hahnemann, o fundador da homeopatía A homeopatía é un sistema pseudocientífico de medicina alternativa. Foi concibida en 1796 polo médico alemán Samuel Hahnemann. Os seus practicantes, chamados homeópatas, cren que unha substancia que causa síntomas iguais aos dunha enfermidade en persoas sas pode curar síntomas similares en persoas doentes; esta doutrina, nunca demostrada de modo xeral, denomínase similia similibus curentur, ou "o similar cura o similar". As preparacións homeopáticas denomínanse remedios e elabóranse utilizando as dilucións homeopáticas. Neste proceso, a substancia seleccionada é diluída repetidamente ata que a miúdo o produto final é quimicamente indistinguible do disolvente. Con moitas desas grandes dilucións non se pode esperar que quede nin unha soa molécula da substancia orixinal no produto final. Entre cada dilución os homeópatas poden golpear ou sacudir o produto, afirmando que o disolvente lembra a substancia orixinal despois da súa eliminación (ver memoria da auga). Os practicantes desta medicina afirman que ditas preparacións, tomadas por vía oral, poden tratar ou curar doenzas.
Todos os coñecementos científicos relevantes sobre física, química, bioquímica e bioloxíaUK Parliamentary Committee Science and Technology Committee. "Evidence Check 2: Homeopathy" adquiridos desde polo menos a metade do século XIX contradín a homeopatía. Os remedios homeopáticos son bioquimicamente inertes e non teñen efecto sobre ningunha enfermidade coñecida. A teoría da enfermidade de Hahnemann, construída sobre principios que el denominaba miasmas, é inconsistente coa identificación en tempos posteriores dos virus e bacterias como frecuente causa das enfermidades. Os ensaios clínicos realizados demostraron de forma xeral que as preparacións homeopáticas non teñen ningún efecto obxectivo. A inverosimilitude fundamental da homeopatía, así como a súa falta de efectividade demostrada fixo que fose considerada dentro das comunidades médica e científica como un curandeirismo e fraude.
A homeopatía acadou a súa maior popularidade no século XIX. Ao longo do século XIX, apareceron ducias de institucións homeópatas en Europa e nos Estados Unidos de América. Por exemplo, nos EUA foi introducida en 1825 e a primeira escola homeópata abriu en 1835. Durante este período a homeopatía tiña a aparencia de ter un relativo éxito, xa que outras formas de tratamento podían ser daniñas e ineficaces. Ao final dese século a súa práctica empezou a declinar, e a última escola exclusivamente homeopática dos Estados Unidos pechou en 1920.
Na década de 1970, a homeopatía regresou de forma significativa, e as vendas de produtos homeopáticos multiplicáronse por 10. Esta tendencia correspóndese co movemento da Nova Era, e pode en parte deberse a unha preferencia ás veces pouco crítica polos produtos "naturais", e tamén ao longo tempo de consulta cos pacientes que realizan os médicos homeopáticos, que psicoloxicamente fan sentirse ao paciente mellor atendido e máis escoitado.
No século XXI realizáronse unha serie de metaanálises que indicaban que as afirmacións da homeopatía carecen de xustificación científica. Como resultado, corpos e institucións nacionais e internacionais recomendaron a retirada de financiamento gobernamental para a homeopatía no campo sanitario. Os corpos nacionais de Australia, Reino Unido, Suíza e Francia, e o Consello Asesor Científico das Academias Europeas e a Academia de Ciencias de Rusia chegaron á conclusión de que a homeopatía non é efectiva e fixeron recomendacións en contra de que esta práctica recibise ningún financiamento público futuro. O Servizo Nacional de Saúde de Inglaterra xa non proporciona financiamento para os remedios homeopáticos e pediu ao Departamento e Saúde e Seguridade Social que engada os remedios homeopáticos á lista de medicinas de prescrición prohibida. Francia modificou e retirou o seu anterior financiamento en 2021,Homéopathie : 2021 signe la fin du remboursement mentres que en España anunciáronse iniciativas para prohibir a homeopatía e outras pseudoterapias nos centros de saúde.
Historia A homeopatía, a medicina alternativa establecida por máis longo tempo que apareceu en Europa, foi creada en 1796 por Samuel Hahnemann. Hahnemann rexeitaba a corrente maioritaria que había na medicina do final do século XVIII como irracional e desaconsellable porque era moi pouco efectiva e a miúdo daniña. Avogaba polo uso dunha soa droga a doses moi baixas e promovía unha visión vitalista inmaterial para explicar o funcionamento dos seres vivos. O termo homeopatía foi acuñado polo propio Hahnemann e apareceu impreso por primeira vez en 1807. Tamén foi el quen acuñou a expresión "medicina alopática", que era utilizada pexorativamente para referirse á medicina tradicional de Occidente.
Concepto miniatura|Monumento a Samuel Hahnemann, Washington, D.C., coa inscrición Similia Similibus Curentur – "o similar cura o similar" Hahnemann concibíu os fundamentos da homeopatía cando traducía ao alemán un tratado de Medicina do médico e químico escocés William Cullen. Como era escéptico sobre a doutrina de Cullen de que a planta Cinchona officinalis (a quina produtora de quinina) curaba a malaria porque era amarga, Hahnemann inxeriu algo de codia desa planta especificamente para investigar o que ocorrería. Causoulle febre, calafríos e dores articulares: síntomas similares aos da propia malaria. Por esta razón, Hahnemann empezou a crer que todas as drogas que eran efectivas producían síntomas en individuos sans similares aos das doenzas coas que se trataban, de acordo coa "lei dos similares" que fora proposta por algúns médicos antigos. Disto derivou o nome "homeopatía", que vén do grego ὅμοιος hómoios, 'similar' e πάθος páthos, 'sufrimento'.
A lei dos similares é unha doutrina chamada similia similibus curentur ou "o similar cura o similar". A lei de Hahnemann dos similares non foi probada e non deriva do uso do método científico. Un informe dos efectos de comer codia de quina feito por Oliver Wendell Holmes, publicada en 1861, non conseguiu reproducir os síntomas dos que informaba Hahnemann. Os traballos científicos subseguintes mostraron que a quina cura a malaria debido a que contén quinina, a cal mata o parasito Plasmodium falciparum, causante da doenza; o mecanismo de acción non está relacionado coas ideas de Hahnemann.
Comprobacións Hahnemann empezou a testar que efectos producían diversas substancias nos seres humanos, un procedemento que máis tarde se chamaría "comprobación hiomeopática". Estes tests tiñan que facerse en suxeitos para comprobar os efectos de inxerir substancias e rexistrar todos os síntomas e tamén as condicións secundarias nas que aparecían. Publicou unha colección destas comprobacións en 1805 e unha segunda colección de 65 preparacións apareceu no seu libro, Materia Medica Pura (1810).
Como Hahnemann cría que as doses grandes das drogas que causaban síntomas similares só podían agravar a enfermidade, defendía o uso de dilucións extremas de ditas drogas. Ideouse unha técnica para facer dilucións que Hahnemann dicía preservaba as propiedades terapéuticas da substancia á vez que evitaba os seus efectos daniños. Hahnemann cría que este proceso potenciaba "os poderes medicinais similares aos espirituais das substancias crúas".. Recompilou e publicou un resumo do seu sistema médico no seu libro O órganon da arte de curar (1810), cuxa sétima edición publicada en 1921 aínda utilizan os homeópatas hoxe.
Miasmas e enfermidades No Órganon, Hahnemann introduciu o concepto de "miasmas" como os "principios infecciosos" que eran subxacentes nas enfermidades crónicas e un(s) "desarranxo(s) mórbido(s) peculiar(es) da forza vital". Hahnemann asociou cada miasma cunha doenza específica e así a exposición inicial aos miasmas causa os síntomas locais, como nas enfermidades da pel ou as venéreas. Afirmaba que se estes síntomas se suprimían pola medicación, a causa faríase máis profunda e empezaría a manifestarse como enfermidade dos órganos internos. A homeopatía sostén que tratar as enfermidades directamente aliviando os seus síntomas, como ás veces fai a medicina convencional, non é eficaz porque todas as "doenzas poden xeralmente ser rastreadas ata algunha tendencia latente, arraigada, subxacente crónica ou herdada". Os miasmas subxacentes imputados aínda permanecerán e as doenzas moi arraigadas só poden corrixirse eliminando o trastorno máis profundo da forza vital. As hipóteses sobre os miasmas presentaban orixinalmente só tres síntomas locais: psora (o proído), sífilis (enfermidade venérea) ou sycosis (verrugas). Delas a máis importante era a psora, descrita como relacionada con calquera doenza que produce proído na pel e considerábase que era a base para o desenvolvemento doutras doenzas. Hahnemann cría que era a causa de enfermidades como a epilepsia, cancro, ictericia, xordeira e as cataratas. Desde os tempos de Hahnemann, propuxéronse outros miasmas, algúns das cales asociáronse a enfermidades previamente atribuídas á psora, como os miasmas da tuberculose e o cancro.
A teoría dos miasmas de Hahnemann segue sendo discutida e controvertida entre os homeópatas incluso nos tempos modernos. A teoría dos miasmas foi criticada por ser unha explicación desenvolvida para protexer o sistema da homeopatía cando se enfrontaba a fallos no tratamento, e por ser inadecuada para abranguer os centenares de tipos de enfermidades que existen, así como por fracasar á hora de explicar as predisposicións a enfermidades, como os factores xenéticos e ambientais e a historia médica específica de cada paciente.
O século XIX: aumento da popularidade e primeiras críticas miniatura|esquerda|A homeopatía mira os horrores da alopatía, unha pintura de 1857 de Alexander Beydeman, mostrando figuras históricas e personificacións da homeopatía observando a brutalidade da medicina do século XIX A homeopatía chegou á súa máxima popularidade no século XIX. Foi introducida nos Estados Unidos en 1825 por Hans Birch Gram, un estudante de Hahnemann. A primeira escola homeopática nos Estados Unidos abriu en 1835 e o Instituto Americano de Homeopatía creouse en 1844. Ao longo do século XIX, apareceron ducias de organizacións homeopáticas en Europa e os Estados Unidos, e en 1900, había 22 colexios homeopáticos e 15.000 médicos nos Estados Unidos.
Como a práctica médica daquel tempo baseábase en tratamentos que a miúdo eran ineficaces e daniños, os pacientes dos homeópatas con frecuencia tiñan mellores resultados que os que eran tratados polos médicos convencionais. Aínda que non son efectivas, as preparacións homeopáticas raramente son prexudiciais, así que os que as usaban tiñan unha menor probabilidade de sufrir un dano polo tratamento que se supón que os tiña que axudar. O éxito relativo da homeopatía no século XIX puido ter conducido ao abandono de tratamentos ineficaces e nocivos como a sangría e as purgas e empezouse a substituílos por outros mais efectivos da medicina baseada na ciencia. Unha razón para o aumento de popularidade da homeopatía foi o seu aparente éxito ao tratar os pacientes que padecían enfermidades infecciosas epidémicas. Durante as epidemias do século XIX de enfermidades como o cólera, as taxas de mortalidade nos hospitais homeopáticos adoitaban ser menores que nos hospitais convencionais, onde os tratamentos usados naquela época adoitaban ser daniños e facían pouco ou nada por combater as enfermidades.As taxas de mortalidade en hospitais convencionais eran normalmente de dúas a dez veces maiores que nos hospitais homeopáticos para pacientes con enfermidades infecciosas; ver