miniatura|Ovos de Anthus berthelotii - MHNT
A pica correcamiños (Anthus berthelotii) é unha pequena ave paseriforme que se reproduce no arquipélago de Madeira e nas illas Canarias. É un residente común en ambos os arquipélagos.
A pica correcamiños atópase en campo aberto. O niño fano no chan, no que poñen de 3 a 5 ovos.
É unha pequena pica de 13–14 cm de lonxitude. É unha especie pouco distintiva no chan, de cor gris pola parte dorsal e abrancazada na parte ventral, con algunhas manchas no peito. Ten unha lista superciliar e anel arredor do ollo abrancazados, ollos escuros e liñas de bigote. Os sexos son similares, mais os xoves son máis marróns que os adultos.
Esta especie ten cola máis curta e cabeza máis grande que a pica dos prados. A súa chamada é un "schrip" como o da lavandeira amarela, e unha canción, que canta en voo, é un parolear como "tsivrr tsivrr tsivrr tsivrr".
O seu nome lembra o naturalista francés Sabin Berthelot, que residiu durante un período nas illas Canarias, e deullo Carl Bolle.
Notas
Véxase tamén Ligazons externas
Pica correcamiños en Madeira Birdwatching
Categoría:Motacílidos Categoría:Animais descritos en 1862