Pastavy (en e en , ambas formas oficiais; en ; en ) é unha vila da rexión de Viciebsk, centro administrativo do distrito homónimo. A súa poboación en 2024 era de 18.618 habitantes. A cinco quilómetros ao oeste está a Base Aérea de Pastavy. Historia Pastavy conta con varios edificios históricos, incluíndo casas do século XVIII e unha igrexa do século XIX. En 2009 a vila celebrou o seu 600 aniversario.
Até 1793 a vila foi parte do voivodato de Vilnius do Gran Ducado de Lituania. Entón, como resultado da segunda partición de Polonia, pasou a ser parte do Imperio Ruso, onde foi parte da gobernación de Minsk.
Entre 1921 e 1939, Pastavy foi parte da Segunda República de Polonia; no censo de 1921 o 43,3% da poboación declarábase polaca, o 34,8% xudía, e o 21,7% belarusa. En setembro de 1939 foi ocupada polo exército vermello, e o 14 de novembro incorporada á RSS de Belarús. Entre o 6 de xullo de 1941 e o 5 de xullo de 1944 foi ocupada polo Terceiro Reich, e administrada como parte do distrito xeral da Rutenia Branca do Reichskommissariat Ostland.
Categoría:Localidades de Belarús Categoría:Rexión de Viciebsk