Psilocybe semilanceata é unha especie de fungos coñecida polo seu uso como substancia psicotrópica, e as súas variantes americanas eran comunmente utilizadas polos indíxenas nos seus rituais relixiosos xa no ano 1000 a. C.

O mongui mide entre 2 e 5 cm, ten un chapeu acampanulado con forma de teto, carece de anel, e a súa cor varía entre o esbrancuxado cando é pequeno ao marrón cando é grande. Posúe un sabor amargo e, aínda que mentres crece é branco perla, unha vez vaise secando toma unha cor amarelada e posteriormente tinguiduras purpúreos, azuis ou verdosos, indicadores da oxidación do seu principio activo a psilocibina.

Categoría:Psilocybe Categoría:Fungos alucinóxenos Categoría:Fungos descritos en 1838