O presente artigo amosa unha lista das principais vías romanas. Están clasificadas por rexións e ademais da denominación máis usual da vía, aparece unha indicación das principais cidades do percorrido coa denominación romana e a actual. Sempre que se puido, tamén aparece entre paréntese o ano da creación e o baixo que mandato se realizou. Vías romanas de Italia miniatura|300px|Mapa das vías romanas de Italia. miniatura|A Via Appia. Estradas principais Via Aemilia: desde Rimini (Ariminum) a Piacenza Via Appia: a máis antiga da vías romanas (-312), desde Roma á Puglia (Apulia) Via Aurelia: (-241), levaba desde Roma á Galia transalpina. Via Cassia: desde Roma á Toscana. Via Flaminia: (-220), desde Roma a Rimini (Ariminum) Via Salaria: desde Roma ás Marcas, na costa do mar Adriático.
Vías romanas da Galia Via Agrippa: (-118) desde Arles polo val do Ródano, por Orange e Valence cara Lión (Lugdunum) logo por Amiens cara Boulogne-sur-Mer, corresponde as actuais estradas RN 7 e RN 1. Via Aquitania: desde Narbona (ramal da Via Domitia) por Tolosa e Bordeos (Burdigala) cara a costa atlántica. Via Domitia: (-118 Gaio Domicio Ahenobarbo) prolonga a Via Augusta (procedente de Hispania) ao Col de Panissars, preto do actual Col du Perthus (Pireneos), por Narbona (Narbo) e Béziers cara Nîmes (Nemausus), por Pont du Gard, Beaucaire, Cavaillon, Apt, Sisteron, Gap, Embrun cara Briançon con empate cara o Col de Montgenèvre (Ver tamén : Via Fenollentis – Via Confluentana – Via Vallespiri). Via Iulia Augusta: (-13 Augusto) Prolongación da Via Aurelia e da Via Postumia desde Xénova por Vado Ligure (Vada Sabatia), ao longo da costa lígur por Albenga (Albigaunum) e Ventimiglia (Albintimilium), atravesa os Alpes marítimos cara o Oeste, en dirección a Arles (Arelate) e Tarascon (enlace con a Via Domitia).
Vías romanas de Córsega Via Corsica: desde Mariana por Aleria, Praesidium, Portus Favonius cara Pallas (costa oriental da illa).
Vías romanas de Hispania miniatura|300px|Vías hispanas. miniatura|300px|Vía XIX. Via Augusta: (-8 Augusteo) prolonga a Vía Domitia en Hispania, desde o Col de Panissars (Pireneos), preto de La Jonquera, non lonxe do actual Col du Perthus, por Xirona, Barcelona, Tarragona, Valencia, Córdoba, Carmona, Sevilla ata Cádiz. Vía da Prata: (-139, Quintus Servilius Caepius), desde Sevilla por Mérida (Emerita), Cáceres, Salamanca, Léon ata Xixón (no mar Cantábrico) ou cara a Astorga (Astúrica). Un ramal é coñecido como Iter ab Emerita Asturicam ("Ruta de Emerita Augusta a Asturica Augusta"). Viae Lusitanorum no Algarve: Baesuris, Balsa, Ossonoba (Faro), Milreu, Cerro da Vila, Lacobriga (Portugal). Vía XVI: desde Braga (Bracara Augusta), por Porto (Portum Cale), Coímbra (Aeminium) ata Lisboa (Olisipo). Vía XVII: desde Braga (Bracara Augusta) ata Astorga (Asturica Augusta) pasando por Chaves Vía Nova ou Via XVIII: desde Braga (Bracara Augusta) pola serra de Gerês, á Baños de Bande (Aquis Querquennis), Xinzo de Limia, Mendoia (Nemetobriga) ao Valdeorras (Forum Gigurrorum), de aí ao Bierzo (Bergidum) e desde aí subía o porto do Manzanal ata chegar a Astorga (Asturica Augusta). Vía XIX: desde Braga (Bracara Augusta) ata Astorga (Asturica Augusta) pasando por Lugo (Lucus Augusti). Vía XX: desde Braga (Bracara Augusta) ata Astorga (Asturica Augusta) subia pola costa (per loca maritima) ata Brigantium (A Coruña, Betanzos ou o campamento romano da Ciadella) e logo baixaba a Lugo e anlazaba coa vía XIX ata Astorga. Vía XXII: desde Tarragona (Tarraco) - onde empataba coa Via Augusta -, cara Zaragoza (Caesaraugusta), Sasamón (Segisamo), León (Legio VII) ata Astorga (Asturica Augusta).
Vías romanas de Gran Bretaña (Britannia) Akeman Street: Londres (Londinium) - St. Albans (Verulamium) - Alchester - Cirencester (Corinium) Ermine Street: Cirencester (Corinium) - Swindon (Durocornovium ?) - Silchester (Calleva Atrebatum) Fen Causeway: Denver a Peterborough - Water Newton (Durobrivae) Fosse Way: por Exeter (Isca Dumnonum) - Ilchester (Lindinis) - Bath (Aquae Sulis) - Cirencester (Corinium) - Leicester (Ratae) King Street: por Peterborough - Water Newton (Durobrivae) - South Kesteven, Lincolnshire London-West Peddars Way: ruta do Norfolk Stanegate: ao longo da muralla de Hadriano, desde Carlisle (Luguvallium) a Corbridge (Coria). Watling Street: por Dover (Dubris) - Canterbury (Durovernum) - Londres (Londinium) - St. Albans (Verulamium) - Lichfield (Letocetum) - Wroxeter (Virconium)
Vías romanas transalpinas Estas estradas unen Italia con Alemaña (Germania), Austria e a actual Eslovenia. Via Claudia Augusta: (15 Nero Claudius Drusus) desde Véneto por Verona, Bolzano (Pons Drusi), Merano (Statio Maiensis), polo Reschenpass, Finstermünz e o Fernpass por Füssen (Foetes) ata Augsburgo (Augusta Vindelicorum). Via Claudia Augusta Altinate: (47) desde Altino, no mar Adriático, por Feltre, o val de Valsugana, Trento e o porto do col do Brenner ata Innsbruck (e logo cara Donauwörth). Via Decia: (250, Decio) desde Zirl (Teriolis) preto de Innsbruck sobre o novo ramal da Via Claudia Altinate polo Zirler Berg, ao val Leutasch, por Lermoos, através do val do Lech ata o val de Tannheim, polo Oberjoch ata Bregenz (Brigantium). Via Gemina: desde Aquileia a Ljubljana (Aemona), en Eslovenia. Via Iulia Augusta: (II) desde Aquileia cara o Norte, por Zúglio (Iulium Carnicum) e o Plöckenpass ata Drautal, sepárase en Irschen (castrum Ursen) cara Aguntum (preto de Lienz/Tirol oriental), Innichen (Littamum) e Veldidena (Wilten/Innsbruck), ou ben por Teurnia (preto de Spittal sur la Drau) e Virunum (preto de Klagenfurt) ata Iuvavum (Salzburg). Via Mala: de Milano (Mediolanum) polo paso de San-Bernardino através do val de la Via-Mala cara Lindau, e despois ata Basel e Strasbourg (Argentoratum). Via Raetia: (arredor do ano 200, Septimio Severo) desde Verona por Bolzano, Vipiteno, o Brenner e Matreio cara Wilten, preto de Innsbruck (Veldidena) e cara Zirl (Teriolis) e Mittenwald (Scarbia), Partenkirchen (Parthanum), Coreliacus e Epfach (Avodiaco) ata Augsburgo (Augusta Vindelicorum).
Vías romanas en Xermania miniatura|Vía romana no Eifel Vía militar desde Augsburgo a Salzburg (hoxe denominada Via Julia) Via Decia desde Teriolis por Innsbruck ins Lechtal e polo val de Tannheimer ata subir ao Oberjoch e a través do val Konstanzer Tal ata Brigantium (Bregenz). Via Claudia Augusta desde a Italia Norte cara a Augsburgo. Via romana desde Italia polo paso de San Bernardino cara a Basel e Straßburg (Argentoratum), Speyer (Noviomagus) e Worms (Borbitomagus) cara Maguncia (Mogontiacum) e logo por Xanten (Vetera) ata o mar do Norte (Rheinuferstraße). Via romana desde Brigantium (Bregenz) ata Salzburg (Iuvavum) por Kempten (Cambodunum). Cruza en Abodiacum (Epfach, Alemaña) a Via Claudia Augusta. Ausoniusstraße desde Bingen a Tréveris (Augusta Treverorum); ostenta ese nome, modernamente, polo poeta romano Ausonio. Kinzigtalstraße de Offenburg a Tuttlingen: A Kinzigtalstraße era un pedazo da calzada militar romana desde Maguncia (Mogontiacum) por Estrasburgo (Argentoratum) ata Augsburgo (Augusta Vindelicorum). Calzada militar desde Maguncia (Mogontiacum) por Cannstatt ata Augsburgo (Augusta Vindelicorum). Calzada militar desde Maguncia (Mogontiacum) por Hofheim cara Frankfurt-Heddernheim (Nida) e de novo por Okarben cara Friedberg no Wetterau. A estrada foi unha vía de pereginación na Idade Media, para a Elisabethkirche en Marburg, desde aquí é denominada Elisabethenstraße. Saalburgstraße desde Frankfurt-Heddernheim (Nida) a Saalburg. Neckar-Alb, desde a asentamento lexionario de Vindonissa (Windisch bei Baden, Suíza) leva por Tenedo (Zurzach, Hochrhein), Rottweil (Arae Flaviae) e Rottenburg (Sumelocenna) e Köngen(Grinario), preto de Stuttgart. Estrada de Ladenburg a Osterburken. Via Belgica: desde Colonia a Amiens (Samarobriva), xa na Galia. Estrada desde Colonia a Tréveris (Augusta Treverorum). miniatura|Porta Nigra en Tréveris, Alemaña
Vías romanas cara Dalmacia e Grecia Via Flavia: (78) desde Aquileia, Trieste e Pula, a través da península de Istria, por Rijeka, ata seguir a Dalmacia. Via Egnatia: (146, Gaius Egnatius) Prolongación da vía Appia cara Grecia, a partir de Durrës ata Constantinopla.
Vías romanas en Asia Menor e Próximo Oriente Via Maris: trátase dunha estrada histórica litoral, con dirección Norte-Sur, que unía Europa e o Norte de África, diríxíase desde Grecia percorrendo a costa para continuar através de Asia Menor, por Beirut, no Líbano, ata Gaza, desde aí ata o Delta do Nilo e o que hoxe é O Cairo, xa en Exipto. Via Nova Traiana: (114 d.C.), na provincia de Arabia: ía de Bostra (en Arabia) a Siria e logo ata Aila, no golfo de Aqaba.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Vía romana
Categoría:Listas de historia Categoría:Vías romanas