Pigen med nålen é un filme dinamarqués de 2024 dirixido por Magnus von Horn, a partir dun guión escrito por Horn e Line Langebek. Ambientado en 1919, o filme está protagonizado por Vic Carmen Sonne como unha moza que comeza a traballar como nodriza nunha axencia secreta de adopción para nais desfavorecidas, pero que sospeita da muller que dirixe a operación. Está baseado moi libremente na historia real da asasina en serie dinamarqués Dagmar Overbye.
Foi considerado un dos 5 mellores filmes internacionais de 2024 segundo National Board of Review. Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 97ª edición dos premios, sendo nomeada ao premio.
Personaxes Vic Carmen Sonne como Karoline Trine Dyrholm como Dagmar Overbye Besir Zeciri como Peter Joachim Fjelstrup como Jørgen Tessa Hoder como Frida Avo Knox Martin como Erena Anders Hove como o xuíz Ari Alexander como Svendsen
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes dirixidos por Magnus von Horn Categoría:Filmes ambientados en Copenhage Categoría:Filmes de Nordisk Film Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes ambientados en 1919 Categoría:Filmes sobre o embarazo Categoría:Filmes sobre criminais Categoría:Maternidade