A igrexa da Vera Cruz (coñecida localmente como a "igrexa nova") é un templo católico que se atopa no concello do Carballiño. É unha das últimas obras inacabadas do arquitecto galego Antonio Palacios, finalizada en 1957.

Historia A construción do edificio foi financiada polos veciños, especialmente pola influencia do párroco Luciano Evaristo Vaamonde da Cortiña. As obras comezaron o 25 de xuño de 1943 e tardaron catorce anos en completarse. A morte de Antonio Palacios, o arquitecto xefe, atrasou a súa finalización. É difícil de clasificar en termos de estilo; aínda que se trata dun edificio contemporáneo, predominan a decoracións e elementos medievais; polo que se podería situar no estilo historicista. Está baixo a advocación de San Cibrao. Aínda que a torre está inacabada, a igrexa foi inaugurada o 17 de setembro de 1952. As obras remataron en 1957.

Características A torre ten 52 metros de altura e está pechada porque o seu acceso non é seguro. A igrexa ten unha superficie de 1080 m².

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Otero Janeiro, Rafael. "Templo de la Vera Cruz de San Cibrán" Arenteiro.com en Internet Archive . "Guía monumental (arte e historia) de Carballino, Ourense" arteguias.com .

Carballiño

Categoría:O Carballiño Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Ourense