, nado o 3 de febreiro de 1972, é un escritor taiwanés.
Traxectoria Chi Ta-wei naceu en Taichung (Taiwán) en 1972. Estudou no Departamento de Linguas e Literaturas Estranxeiras da Universidade Nacional de Taiwán. En especial, aprendeu sobre literatura angloamericana. Trasladouse aos Estados Unidos en 1999, doutorándose en Literatura Comparada pola Universidade de California, Os Ánxeles, baixo a supervisión de Shu-mei Shih. Na actualidade, é profesor de literatura taiwanesa na Universidade Nacional Chengchi, en Taipei. Adoita ensinar cursos sobre representación do colectivo LGBT nas literaturas do leste asiático.
Obra Chi Ta-wei é coñecido como escritor e como especialista en literatura queer. A súa obra Tongzhi wenxueshi 同志文學史 (en , 2017), gañadora de varios premios no eido académico, é un dos libros máis completos sobre a literatura LGBT no mundo sinofalante.
Xunto con Chen Xue e Qiu Miaojin, Chi é considerado un dos membros da "nova xeración de autores queer" de Taiwán. A súa peza máis influente, Mo 膜 (en , 1996), é unha novela curta de ciencia ficción cyberpunk. Destaca pola súa atención ao desexo queer, a subxectividade trans, ás fronteiras entre o humano e o androide, e aos efectos do cambio climático. Foi traducida a numerosos idiomas, entre eles o castelán.
Publicacións Ganguan shijie 感官世界 ("O mundo sensible", 1995). Mo 膜 ("Membranas", 1996). Ku'er kuanghuanjie 酷兒狂歡節 ("Entroido queer", 1997). Wan'an Babilun: wanglu shidai de xingyu, yiyi yu zhengzhi yuedu 晚安巴比倫:網路世代的性慾、異議與政治閱讀 ("Boas noites, Babilonia: sexualidade, disidencia e lectura política da xeración de internet", 1998). Lianwupi 戀物癖 ("Fetichismo", 1998). Tongzhi wenxueshi 同志文學史 ("Historia da literatura homosexual", 2017).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Taiwán Categoría:Nados en 1972 Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Teoría queer Categoría:Escritores LGTB de Taiwán