Timrå é un concello sueco da provincia histórica de Medelpad no condado de Västernorrland. A súa capital é a localidade de Timrå, cuxo centro tamén é coñecido como Vivsta.
A parte interior do concello é montañoso e cuberto de bosque de coníferas. Alí algúns picos alcanzan os 400 metros sobre o nivel do mar. O terreo descende despois cara á zona costeira, que en parte está cultivada con zonas menores de elevacións e montes illados.
Durante moito tempo, a madeira foi a base da economía local. A principios da década de 2020, a industria forestal, representada polo grupo SCA, aínda tiña unha posición dominante.
Dende a fundación co concello en 1971 a súa poboación vén sendo estable. En decembro do ano 2024 o municipio tiña 17 521 habitantes.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västernorrland