Täby é un concello sueco no condado de Estocolmo. A administración municipal estaba situada anteriormente no distrito municipal de Roslags-Näsby, pero mudouse en 2017 a un novo edificio municipal adxacente ao centro comercial Täby Centrum.
Ao redor do 40% da superficie do concello está urbanizada. Partes da antiga paisaxe natural e cultural de Täby consérvanse no norte e nas beiras do lago Vallentuna.
A principios da década de 2020 a actividade económica local estaba dominada polas industrias de servizos, as activides comisionadas (uppdragsverksamhet) e o comercio.
Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación vén sendo positiva. En decembro do ano 2024 Täby tiña unha poboación de 77 744 habitantes.
Xeografía O concello de Täby atópase no sueste da provincia histórica de Uppland, coa baía de Stora Värtan e o mar Báltico ao leste. O municipio limita ao leste co concello de Österåker, ao sur co de Danderyd, ao oeste cos de Sollentuna e Upplands Väsby e ao norte co de Vallentuna, todos eles no condado de Estocolmo.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo