A rúa de Pi i Margall é unha vía urbana da cidade galega de Vigo. Recibe dita denominación polo político catalán homónimo, un dos presidentes da Segunda República. Recibiu o seu nome en 1905.

Morfoloxía e urbanismo Igual que acontece coas rúas paralelas, a avenida das Camelias e a rúa de Conde de Torrecedeira, a rúa de Pi i Margall percorre a ladeira que o litoral vigués debuxa sobre a ría de Vigo, tal e como planificou en 1907 Ramiro Pascual. Ten unha lonxitude de 1 km, parte do paseo de Alfonso XII e conflúe na rúa Tomás Alonso.

Edificios e construcións senlleiras Antigo Asilo das Irmás dos Anciáns Pobres. Antigo asilo e igrexa inaugurado en 1910. Parque de Camilo José Cela.

Véxase tamén Outros artigos Francesc Pi i Margall Plan Palacios

Categoría:Rúas de Vigo