Igloolik (en silabario inuktitut: ᐃᒡᓗᓕᒃ; Iglulik) é unha localidade predominantemente inuit da rexión de Qikiqtaaluk, en Nunavut, no Canadá. Debido a que a súa localización na illa Igloolik está moi preto da península de Melville, a miúdo pénsase erroneamente que está na península. O nome "Igloolik" significa "aquí hai unha casa". Deriva de iglu que significa casa ou edificio, e refírese ás casas de céspede que estaban orixinalmente na zona, non aos iglús de neve. En inuktitutIgloolik at the Qikiqtani Inuit Association os residentes chámanse Iglulingmiut (o sufixo miut significa "pobo de").

Demografía

Notas

Véxase tamén

Categoría:Localidades do Canadá Categoría:Nunavut