Mummola é un filme finlandés-sueco de 2023 escrito e dirixido por Tia Kouvo, no seu debut como directora. Está protagonizado por Leena Uotila, Ria Kataja, Elina Knihtilä e Tom Wentzel, e conta a historia dunha reunión familiar anual de Nadal na cal aumentan as tensións habituais. Baséase na curtametraxe de Kouvo de 2018 co mesmo nome.
Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Ria Kataja como Susanna Elina Knihtilä como Helena Leena Uotila como Ella Tom Wentzel como Lasse Jarkko Pajunen como Risto Sakari Topi como Simo Elli Paajanen como Hilla Toomas Talikka como Kassu
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Finlandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua finesa Categoría:Filmes de Finlandia Categoría:Filmes de Suecia