Kidnapping Inc. é un filme haitiano de 2024 coescrito e dirixido por Bruno Mourral, no seu debut como director.Siddhant Adlakha, "‘Kidnapping Inc.’ Review: A Haitian Comedy-Thriller That Crashes and Burns". IndieWire, 24 de xaneiro de 2024 É unha coprodución entre Haití, o Canadá e Francia. Está protagonizado por Jasmuel Andri e Rolaphton Mercure nos papeis de Doc e Zoe, dous gángsters de baixo nivel en Haití aos que se lles encarga a tarefa de transportar ao fillo secuestrado do candidato presidencial Benjamin Perralt (Ashley Laraque) ao cuartel xeral do seu xefe, só para que o plan saia mal cando o matan accidentalmente, e deben secuestrar ao parecido Patrick (Patrick Joseph) para tapar as súas pegadas.Vladan Petkovic, "Review: Kidnapping Inc.". Cineuropa, 24 de xaneiro de 2024.

Foi escollido como candidato de Haití para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 97ª edición dos premios,Denton Davidson, "2025 Oscars: Complete list of Best International Feature Film submissions". Gold Derby, 3 de outubro de 2024. mais finalmente non apareceu na lista final. Foi escollido de novo na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Anabel Lopez como Audrey Gessica Généus como Laura Rolapthon Mercure como Zoé Jasmuel Andri como doutor Manfred Marcelin como capitán Fritz Bama Patrick Joseph como Patrick Ashley Laraque como senador Benjamin Perralt Marcus Boereau como Eddy

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Haití propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en crioulo haitiano Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Haití Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes rodados en Haití Categoría:Filmes ambientados en Haití