Kolas Yotaka, nada o 17 de marzo de 1974, é unha política e xornalista taiwanesa de etnia amis. Entre 2020 e 2022, e máis tarde en 2023, foi voceira da Oficina Presidencial baixo o goberno de Tsai Ing-wen. Anteriormente, en 2018, exerceu como voceira da Corte Executiva, a primeira persoa indíxena no posto.

Como xornalista, Kolas Yotaka traballou de reporteira para Televisión Formosa e como presentadora de telexornal na Televisión Indíxena de Taiwán.

Nome Os amis ou pangcah empregan un sistema de patronímicos e matronímicos. Xa que logo, o seu segundo nome, Yotaka, é o nome de pía do seu pai. Porén, a causa das políticas de sinización do goberno, só o seu nome han, Yeh Kuan-lin (en ), era oficialmente recoñecido. Kolas logrou rexistrar o seu nome indíxena en 2006, grazas a unha nova lexislación.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Políticos de Taiwán