alt=Portada dunha edición d'O soño da cámara vermella|miniatura|Portada dunha edición d'O soño da cámara vermella A literatura da dinastía Qing é a literatura escrita durante a dinastía Qing. Trátase dun período caracterizado por un desenvolvemento moi variado, que recolle as características das xeracións precedentes. Antes da dinastía Ming, as mudanzas literarias expresáronse principalmente na herdanza ou innovación do son, o ritmo, a sintaxe e a estrutura; os autores e autoras de Qing tomaron todos estes elementos dando lugar a multitude de escolas, especialmente en eidos como a novela ou o a ópera tradicional. Ademais, a interacción entre as distintas rexións e etnias manifestouse nunha diversidade lingüística en todos os xéneros.
Poesía A poesía floreceu con vigor durante o reinado dos Qing, xa que os emperadores desta dinastía (comezando polo terceiro deles, Kangxi) e os seus funcionarios promoveron o seu estudo e elaboración. Por exemplo, o emperador Qianlong gozaba tanto da composición poética que chegou a elaborar escribir cinco escolmas das súas pezas, cun total duns 10,000 versos. Os líderes manchús vían na poesía unha maneira de establecer conexións e unidade entre os seus oficiais.
Os principais poetas de comezos do período foron Qian Qianyi, Wu Weiye e Wang Shizhen. Entre as poéticas máis notables destacan o Gediao shuo (en ) de Shen Deqian e o Shenyun shuo (en ) de Wang Shizhen.
Novela A novela máis importante do período Qing é O soño da cámara vermella, de Cao Xueqin, unha das Catro Novelas Clásicas Chinesas. Este libro destaca pola súa representación realista e precisa da sociedade do seu tempo, as numerosas personaxes e a súa elegancia artística. Outro autor notable é Pu Songling, recoñecido polas súas historias con elementos sobrenaturais, mais que reflicten as perspectivas sociais, recollidas no seu Liaozhai zhiyi. No eido humorístico, destaca a novela satírica Rulin waishi, de Wu Jingzi, que parodia a vida do funcionariado imperial.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Literatura da China Categoría:Literatura en lingua chinesa Categoría:Literatura da dinastía Qing