O disco solar de Banc Ty'nddôl (en ) é un pequeno ornamento de ouro descuberto preto de Cwmystwyth, Ceredigion, en Gales. Probablemente formou parte dunha vestimenta funeraria e está datada entre 2450 e 2150 a. C., o que o converte no artefacto de ouro máis antigo atopado en Gales. Foi descuberto o 16 de outubro de 2002 por un equipo de arqueólogos que estaban a investigar un sitio arqueolóxico romano e medieval de fundición de chumbo debaixo da mina de cobre da Idade de Bronce no outeiro de Copa.Ceredigion, A Wealth of History

Historia A área ao redor de Cwmystwyth foi un lugar de extracción de chumbo e cobre durante máis de 4.000 anos, case dende o inicio da actividade metalúrxica en Gran Bretaña.sun-disc – one of Wales"s earliest gold objects

Status actual O disco foi declarado un tesouro en decembro de 2003 e desde entón foi adquirido polo Amgueddfa Cymru.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Timberlake, S. 2002 a Medieval lead smelting boles near Penguelan, Cwmystwyth, Archaeology in Wales 42: 45–59 —2002 b Cwmystwyth, Banc Ty'nddôl: gold disc, AW 42, 97–98 Timberlake, S. 2003 Excavations on Copa Hill, Cwmystwyth (1986–1999); An Early Bronze Age copper mine within the uplands of Central Wales. BAR British Series 348 Oxford: Archaeopress.

Banc Ty'nddôl, Cwmystwyth' in Archaeology in Wales* 44 *(2004) pp. 137–139

Categoría:Arqueoloxía en Gales Categoría:Obxectos de ouro