Jesús Balboa López, nado en Malpica de Bergantiños cara a 1915 e finado na Coruña o 25 de outubro de 1982, foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Fillo de José Balboa e Carmen López. Estudante en Santiago de Compostela. Era secretario de Axitación e Propaganda do comité local do Partido Comunista de España de Santiago de Compostela. Detido en febreiro de 1945 encartado na causa 94/45 acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Mariano Otero Castelao, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo. Posto en liberdade condicional, e ante o temor a ser novamente detido, fuxiu ao monte. Volveu ser procesado na causa 159/46 da Coruña contra María Pérez Mellid, Benigno Andrade García, Manuel Ponte, Pedro Oso Guerra, Manuel Pena Camino, Francisco Rey Drox, José Vázquez Míguez, Teresa Lorenzo Gallas, e os seus irmáns Carmen, Anselmo e José Balboa López.La Voz de Galicia, 7-5-1946, p. 7.El Ideal Gallego, 8-5-1946, p. 8. Marchou a Guatemala.

Finou na Coruña o 25 de outubro de 1982.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 26-10-1982, p. 68.

Vida persoal

Casou en Oza con Manuela Slavich Quintela o 18 de decembro de 1949.La Voz de Galicia, 20-12-1949, p. 7. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños

Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela