Rubén González Alves, nado no Río de Xaneiro o 7 de setembro de 1994, é un futbolista hispano-brasileiro que xoga como defensa no Córdoba, cedido polo CD Tenerife.
Traxectoria Naceu no Río de Xaneiro, de pai vasco e nai brasileira, e aos nove meses trasladouse coa súa familia a Bilbao. Formado como futbolista na canteira do Santutxu FC, debutou co primeiro equipo en 2013, asentándose na titularidade na Terceira División antes de fichar polo Amorebieta, da Segunda División B.
Na tempada 2017/18 xogou no Barakaldo, tamén de Segunda B, mentres que na seguinte campaña fíxoo no Atlético Baleares. No verán de 2019, fichou polo Ibiza e na tempada 2020/21 conseguiu o ascenso á Segunda División. O 14 de xuño de 2022 asinou un contrato por dous anos co Racing de Santander, que viña de ascender a Segunda.
Na primeira parte da tempada 2024/25 xogou no Tenerife, pasando en xaneiro de 2025 ao Córdoba
Notas
Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1994 Categoría:Españois de ascendencia brasileira Categoría:Brasileiros de ascendencia vasca Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do Barakaldo CF Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Córdoba CF