miniatura|230px|Este arrecife de coral no Espazo protexido das illas Phoenix é un hábitat rico para a vida mariña.
En ecoloxía, un hábitat é o lugar ou o tipo de lugares onde vive unha especie de organismo particular ou onde a súa poboación aparece de xeito natural. Pódese entender que é tamén o ambiente e o conxunto de condicións dese ambiente que permiten a especie estea presente alí.
Un hábitat está caracterizado por características tanto físicas como biolóxicas. Para unha especie os seus hábitats son aqueles onde poden atopar os seus alimentos, un lugar onde acollerse ou medrar, protección para a súa supervivencia ou un lugar onde propagarse ou reproducirse, como é atopando parella. Os factores físicos que determinan un hábitat poden ser algúns como o tipo de solos ou augas, a humidade do ambiente, o abano de temperaturas dese espazo ou a intensidade de luz. Pola outra banda, os factores biolóxicos son aqueles como a dispoñibilidade de nutrientes ou alimentos, ou a presenza ou ausencia de depredadores. Cada especie e cada organismo teñen certas necesidades e precisan duns ou doutros hábitats para poder prosperar. Algunhas especies son tolerantes a grandes variacións na presenza desas variables físicas ou biolóxicas, namentres que outras especies están especializadas e precisan dunhas condicións concretas para persistir.
Un hábitat non é necesariamente unha área xeográfica: pode ser o interior dun toro que podrece, o interior dunha rocha ou no musgo dun monte, o corpo ou un tracto dixestivo dun hóspede para aqueles organismos parasitos o corpo do seu hóspede etc. Os grandes tipos de hábitat terrestres van desde condicións de rexións polares, a temperadas, subtropicais e tropicais. O tipo de vexetación terrestre pode ser bosque, estepas, prados, semiárido ou desértico. Os hábitats das augas fresca inclúen a marismas, regatos, ríos, rías, lagos e lagoas; e os hábitats mariños inclúen a marismas, costa, as zonas intermareais, arrecifes, rías e baías, o mar aberto, os leitos mariños, as augas profundas e as augas submarinas.
Os hábitats mudan co paso do tempo, tanto por cambios estacionais como por outras causas que os fan mudar definitivamente. Nese último caso poden deberse a evento violentos como erupción de volcáns, a terremotos, a tsunamis, a incendios forestais, a cambios nas correntes oceánicas ou a morte dos hóspedes. Os outros cambios poden ser estacionais ou ser máis gradual, que fan mudar os hábitats. Esa mudanza pódese dar ao longo de milenios por alteracións no clima, xa que os xeos e os glaciares avanzan e retroceden, e por patróns climáticos diferentes que implican cambios das precipitación e da radiación solar. Outros cambios nos hábitats son resultado directo das actividades humanas, como o son a deforestación, o arado de pastos ou agricultura intensiva, os cambios nos caudais dos ríos e rías, a drenaxe das marismas, o dragado do litoral ou dos fondos do mar. A introdución de especies exóticas pode ter un efecto devastador na fauna e flora nativa; por implicar unha maior depredación, maior competencia polos recursos ou porque supoñan a introdución de pragas e enfermidades ás que as especies nativas non teñen inmunidade.
Un dos maiores problema nas conservacións dos ambientes e da biodiversidade é a fragmentación dos hábitats. Ademais, ante a degradacións dos hábitats non todas as especies responden igual xa que algunhas dependen doutras nos ecosistemas, como é o caso da dispersión de vexetación en bosques ligada aos desprazamentos de animais.
Definición Hábitat provén do verbo latino habitāre en terceira persoa singular do presente, ou de habitatio, e refírese a "vivir" ou a "morar". As primeiras definicións de hábitat fixéronas os naturalistas cando cuestionaron porqué as especies están presentes nalgúns lugares e noutros non.
Unha das definicións de hábitat argumenta que é o conxunto de recursos e condicións ambientais, tanto bióticas como abióticas, que determinan se a poboación dunha especie pode ter alí presenza, sobreviva ou se chegue a reproducir. Isto é, o conxunto de condicións que permiten que unha especie viva nalgunha das súas fases do seu ciclo vital. Porén, outro tipo de definición para hábitats argumenta que é son cada unha das diferentes comunidades que existen cunha fisioloxía de vexetación común. Iso incluiría dentro dun mesmo hábitat a ás masa vexetais ou outras entidades que existirán sempre no espazo aínda que a fauna as aproveite dun xeito ou outro. Esta definición é similar ao concepto de biotopo. Algunha revisión resalta que cabe achegar as dúas posturas e definir os hábitats considerando tanto o aproveitamento dos recursos que as especies fan como dos cambios no espazo e no tempo que se producen. Isto é, considerar os recursos que unha especie aproveita e consideralos como algo que cambia ao longo do espazo e do tempo.
A directiva europea para a conservación de hábitats e fauna e flora salvaxe emprega a primeira definición, no que se consideran que a un hábitat o definen as condicións que permiten a presenza das especies de interese. Outras convencións internacionais como a Convención para Diversidade Biolóxica e a Convención de Especies Migratorias empregan un concepto de hábitat máis xenérico, xa que a entenden tan só como aquelas áreas que lle dan ás especies de interese de conservación, ou similar, un lugar axeitado para elas ocupar e sobrevivir.
Factores ambientais Os principais factores ambientais que afectan á distribución de organismos vivos son a temperatura, a humidade, o clima, o tipo de solo e a intensidade da luz, así como a presenza doutros elementos limitantes que o organismo necesita para sobrevivir. Como norma xeral, as comunidades dun sistema trófico superior, como os animais, dependen das comunidades dos sistemas tróficos anteriores, como as masas vexetais.
Algunhas plantas e animais son xeneralistas e os seus requisitos de hábitat cúmprense nun amplo número de lugares. Como exemplo, a pequena bolboreta branca Pieris rapae atópase en todos os continentes agás na Antártida. As súas larvas aliméntanse dunha ampla variedade de Brassicas e outras especies vexetais, e prosperan en calquera lugar aberto con diversas asociacións vexetais. Outras, como a gran bolboreta azul son moito máis específicas e teñen uns requisitos máis específicos. Atópase só en áreas nun tipo concreto de pastos, e alí as súas larvas aliméntanse de especies de Thymus. Ademais, por complexos requisitos do seu ciclo vital só habita en lugares onde vivan as formigas Myrmica.
As perturbacións nos ecosistemas son importantes para a creación de hábitats cunha alta diversidade. Coa falta de perturbación, a sucesión da comunidade avanza e chega a unha estabilidade onde un grupo de especies domina, como poden ser de vexetación de crecemento lento. Porén, as perturbacións constantes favorecen a entrada de especies e os cambios nas especies que dominan a comunidade. As especies pioneiras poden ocupar hábitats desocupados, como espazos desocupados despois dun incendio, e posteriormente habitalas outras especies na sucesión. Do mesmo xeito, nos hábitats costeiros poden chegar a estar dominados por algas mariñas ata acontezan tormentas ou outros procesos que arrastren o sedimento que no están, e estas se vexan substituídas por outras especies.
Tipos Macrohábitats Terrestres miniatura|dereita|Hábitats dunha rica selva da illa de Dominica Os hábitats terrestres inclúen a bosques, pastos, zonas húmidas e desertos. Dentro destes amplos biomas hai hábitats con condicións máis específicas: con diferentes tipos de clima, réximes de temperatura, solos, altitude ou tipos de vexetación. Moitos destes hábitats continúan uns cos outros, namentres que cada un ten as súas propias típicas comunidades de vida. Un hábitat pode prestarlle ben a unha especie en particular, mais a súa presenza ou ausencia nalgúns deses lugares é un proceso estocástico ou que depende das capacidades de dispersión e eficiencia de colonización das especies.
Augas doces miniatura|esquerda|Zonzas húmidas de Borneo Os hábitats de auga doce inclúen aos ríos, regatos, lagos, lagoas, pantanos e mangleiros. Aínda que algúns organismos se atopan na maioría destes hábitats, case todas as especies teñen requisitos específicos dalgúns deses hábitats. A velocidade da auga, a temperatura ou saturación de osíxeno son factores clave. Nos sistemas fluviais hai ademais seccións onde o fluxo da auga é rápidas ou lentas; onde se forman pozas ou estancamentos, ou bolsas de augas paralelas, que proporcionan un abano amplo de hábitats. Do mesmo xeito, as plantas acuáticas poden flotar, estar mergulladas en parte ou no seu total, ou medrar en solos saturados de auga de xeito permanente ou temporal. As plantas marxinais proporcionan un hábitat importante para os invertebrados e os vertebrados, e as plantas mergulladas proporcionan oxixenación na auga, absorben nutrientes e desempeñan un papel na redución da contaminación.
Mariños miniatura|esquerda|Peixes arredor de esponxas nun arrecife de coral. Os hábitats mariños inclúen as masas de auga salobre, os estuarios, as rías, as baías, a zona intermareal, o mar aberto, o leito mariño, os arrecifes e as zonas de augas profundas. Outras variacións inclúen pozas intermareais, pradeiras mariñas baixíos, chairas de mareas, lagoas salobres, praias de area fina ou cantos ou leitos mariños, e nos que todos existen un ampla diversidade. A zona bentónica ou o leito mariño proporciona un fogar tanto para os organismos estáticos, que viven ancorados ao substrato, como para unha gran variedade de organismos que se arrastran ou se pegan á superficie. Algunhas especies, viven flotando entre as ondas da superficie da auga, ou entre os restos flotantes na superficie do mar, outros nadan a diferentes rangos de profundidades, incluíndo a organismos da zona demersal xa preto do fondo mariño, e moitas especies que derivan coas correntes oceánicas e que forman o plancto.
Desertos e rexións con secas miniatura|esquerda|Deserto de Exipto. Os desertos non son un tipo de hábitat que favoreza a presenza de grupos como os anfibios, porque estes precisan de auga para manter as súas peles húmidas e para criar as súas larvas. Con todo, algunhas ras adaptáronse e viven en desertos xa que crean hábitats húmidos subterráneos e hibernan cando as condicións son adversas. O sapo Scaphiopus couchii sae da súa lapa cando se produce un choiva e pon os ovos nas pozas que se forman. Os cágados medran rápido, ás veces en tan só nove días, e sofren unha metamorfose.
Outros organismos afrontan a seca dos seus hábitats acuosos doutros xeitos. Hai pozas que son efémeras e que só se forman nunha época de choivas ao longo do ano. A súa flora é característica e está especialmente adaptada a elas. Está formada principalmente por especies anuais cuxas sementes sobreviven á seca, pero tamén por especies perennes que se adaptaron dun xeito único. Os animais tamén se adaptaron a estes hábitats extremos. Algunhas especies de camaróns depositan "ovos de inverno", que son resistentes ao desecamento e que ás veces se estenden co po e que se desprazan a novas pozas do chan. Estas especies sobreviven en estados latentes de ata quince anos. Algunhas especies de peixes de Ciprinodontiformes, que viven en auga doce, compórtanse dunha forma similar. Os seus ovos rompen axiña e os xuvenís axiña medran alí, sempre que as condicións sexan boas. Porén, cando as pozas se secan os ovos desas poboacións entran nunha diapausa e resisten durante máis tempo.
Urbes