Óscar Rilo Vázquez é un artista, produtor e vocalista galego de heavy metal. É o líder e vocalista da banda Dark Embrace.

Traxectoria O 13 de decembro de 2024, Dark Embrace publicou o álbum Land of Witches baixo o selo alemán Massacre Records, cunha temática inspirada en mitos e lendas de Galicia. Rilo asumiu a produción do disco de maneira independente.

Ademais da súa actividade musical, Rilo participou na promoción de concertos a través da empresa Hueso Producciones, especializada na organización de eventos dentro da escena do metal. Traballa no departamento de produción artística do Resurrection Fest.

En 2025, gañou notoriedade internacional ao actuar como vocalista convidado da banda británica Onslaught durante a súa xira europea.

Un ano despois, en 2026, volveu ser convidado por outra banda británica, neste caso Benediction, para substituír o seu vocalista nunha serie de concertos.

Notas

Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Produtores musicais