Chámaselle Promoción de Enlace á xeración de escritores galegos que fai de enlace entre a Xeración de 1936 e a Xeración das Festas Minervais.
Descrición A esta xeración pertencen os escritores nados entre as décadas de 1920 e 1930, escritores autodidactas que nos seus comezos careceron de información sobre o Nacionalismo galego e doutrinas como o Anarquismo e o Marxismo.
Estes escritores tomaron os seus modelos da literatura castelá e ás veces escribiron nesta lingua.
Os escritores desta xeración son Ramón González-Alegre, Faustino Rey, Antón Tovar, Tomás Barros, Luz Pozo Garza, Xavier Costa Clavell, Eliseo Alonso, Cuña Novás, María Carmen Kruckenberg, Xosé Neira Vilas, José Ángel Valente, Manuel Blanco Mariño e Antón Santamarina Delgado.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Xeración de 1936 Xeración das Festas Minervais