Fatum é un filme hispano-francés de 2023 dirixido por Juan Galiñanes a partir dun guión de Alberto Marini e Galiñanes. Está protagonizado por Álex García, Luís Tosar, Arón Piper, Luisa Mayol e Elena Anaya.
Sinopse O ludópata Sergio entra nun casino para recuperar os cartos perdidos. Chegoulle un rumor sobre un suposto resultado pactado dun partido de fútbol que resulta ser certo, mais Alejo entra armado ao local. O axente da Policia Nacional Costa encarga ao francotirador do GEO Pablo, nunha situación persoal grave, que estea de servizo durante o intento de atraco.
Personaxes
Luís Tosar como Sergio Arón Piper como Alejo Álex García como Pablo Elena Anaya como comisaria Costa Luisa Mayol como Lidia Pepa Gracia Ethan Álvarez Valentina Quiza Derek León
Produción O guión foi escrito por Juan Galiñanes e Alberto Marini. O filme foi producido por Vaca Films xunto a Playtime Productions, e contou coa participación de RTVE, Amazon, TVG e o apoio de ICAA e Agadic. A rodaxe produciuse en variacións localizacións de Galicia, incluíndo A Coruña. Lu Rodríguez traballou como editora e Manuel Riveiro foi o responsable da banda sonora, e Alejandro de Pablo foi o responsable da fotografía.
Estrea Foi distribuído por Universal Pictures International Spain, e estreouse nos cinemas de España o 28 de abril de 2023.
Notas
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Vaca Films Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados na Coruña