dereita|miniatura|A Avenida da Pasaxe é unha das principais arterias de entrada e saída á cidade da Coruña. Unha avenida é unha vía principal dunha urbe, de especial relevancia ben polo seu tamaño, ben polos lugares que conecta. Adoitan ser rúas largas, de dous ou máis carrís, con árbores ou medianas de separación, e de gran capacidade de tráfico para permitir a circulación dun grande número de vehículos.O Dicionario da Real Academia Galega define a avenida como unha rúa longa e larga, polo xeral con árbores nas beiras.

Necesariamente ten que ser ampla ou extensa, e o criterio que se usa normalmente para denominar unha vía como avenida ou rúa é a súa importancia relativa. Pódese ter en conta se serve ou non como punto de conexión entre outras vías e barrios importantes, que conectan os servizos da comarca.

A miúdo, unha avenida pode concentrar un gran número de empresas, constituíndo un importante centro financeiro ou comercial para a cidade, como é a Avenida da Gran Vía de Vigo. Ademais de ser este un dos principais atractivos turísticos e culturais da cidade. Tamén pode ser un centro turístico relevante, como a Avenida Atlântica de Río de Xaneiro, a Times Square e a Quinta Avenida de Nova York ou a Avenida da Liberdade de Lisboa. A avenida máis longa do mundo é a Avenida de 9 de xullo, en Buenos Aires.

En Galicia miniatura|dereita|Avenida de Castelao de Vigo. miniatura|dereita|Avenida de Afonso Molina, na Coruña. miniatura|dereita|Avenida de Compostela, en Pontevedra. miniatura|dereita|Avenida de Ourense, en Marín. miniatura|dereita|Avenida de Barcelona, en Santiago de Compostela. miniatura|dereita|Avenida das Pías, en Ferrol. A distribución costeira da poboación galega fai que as áreas máis densamente poboadas e, por ende, a maioría das cidades se atopen na franxa litoral. Vigo e A Coruña son as dúas cidades máis poboadas e extensas, e por tanto as que maior número de avenidas posúen. Avenidas máis importantes Vigo Beiramar Castelao Castrelos Fragoso Florida Antonio Palacios Europa Avenida de Samil Atlántida Avenida de Madrid Gran Vía García Barbón Camelias A Coruña Alfonso Molina Arteixo Bos Aires Enrique S. Torres Exército Fernando Suárez García Fisterra Gerardo Porto Hércules Mariña Monelos Montoto Oza Pedro Barrié de la Maza Pasaxe O Peruleiro San Cristovo San Roque de Fóra Ourense Avenida da Habana Avenida de Bos Aires Avenida Castelao Avenida de Santiago Avenida das Caldas Avenida de Marín Avenida de Zamora Avenida de Portugal Avenida Marcelo Macías Santiago Avenida de Santiago de Cuba Avenida de Lugo Avenida de Antón Fraguas Avenida de Fernando de Casas Novoa Avenida de Romero Donallo Avenida de Xoán XXIII Avenida de Xoán Carlos I Lugo Avenida da Coruña Avenida de Garabolos Avenida de Paulo Fabio Máximo Avenida Ramón Ferreiro Avenida da Infanta Elena Pontevedra Avenida de Compostela Avenida de Augusto García Sánchez Avenida de María Victoria Moreno Avenida do Uruguai Avenida das Corvaceiras Avenida de Eduardo Pondal Gran Vía de Montero Ríos Avenida de Bos Aires Avenida da Raíña Vitoria Avenida de Virxinia Pereira Renda Avenida de Josefina Arruti Avenida de Lugo Ferrol Avenida de Vigo Avenida do Esteiro Avenida das Pías Avenida do Rei Avenida de Breogán Outras vilas Avenida Nicasio Pérez, en Narón. Avenida das Mariñas, en Oleiros. Avenida de Rosalía de Castro, en Vilagarcía. Avenida de Rosalía de Castro, en Ames. Avenida de Redondela, na parroquia redondelá de Chapela. Avenida de Bueu, en Cangas de Morrazo. Avenida de Ourense, en Marín. Notas

Véxase tamén Outros artigos

Rúa Praza Autoestrada Circunvalación Boulevard

Ligazóns externas ¿Qué diferencia a las calles, avenidas, calzadas, bulevares y carreteras? Youtube.

Categoría:Elementos de composición urbana