Jambaló é un concello e resgardo indíxena de Colombia que se atopa no departamento do Cauca. Segundo o censo de 2025, tiña unha poboación de 19.482 habitantes. Atópase ao nordeste do departamento do Cauca, a 80 quilómetros da cidade de Popayán (a capital do departamento). Limita polo norte cos concellos de Caloto e Toribío, polo leste co concello de Páez, polo sur co concello de Silvia e polo oeste cos concellos de Caldono e Santander de Quilichao. A cabeceira municipal é o centro urbano máis poboado do territorio e tamén se chama "Jambaló"; atópase no extremo sur, sobre os límites co concello de Silvia; porén, na área rural é onde habita a maior parte da poboación (89,3%Oficina Asesora de Planeación Municipal - Alcaldía de Jambaló).
Ao ser Jambaló tamén resgardo indíxena, o 97,7% dos seus habitantes son das etnias nasa e misak, e cando menos unha terceira parte dos habitantes fala as linguas nasa yuwe e namtrik. Como resgardo indíxena foi estabelecido en 1702 cando o cacique Juan Tama de la Estrella estabeleceu os límites do territorio, logo de recibir o título de mans do vicerrei de Quito. O 12 de xullo de 1904, baixo a ordenanza número 38 da Gobernación do Cauca, foi erixido municipio.
División político administrativa O territorio divídese en 35 vereas e 4 barrios (área urbana), as cales á súa vez se agrupan en tres zonas: alta, media e baixa.
Zona alta Está conformada pola área urbana (que abrangue os barrios Santa Rosa, Las Dalias, El Centro e Olaya Herrera) e as vereas Bateas, Campo Alegre, Ipicueto, La Laguna, Loma Gorda, Loma Larga, Loma Pueblito, La Odisea, Monterredondo, Nueva Jerusalén, Paletón, Pitalito, San Antonio, Solapa e Zumbico.
Zona media Está conformada polas vereas: Barondillo, Nueva Colonia, Chimicueto, El Epiro, El Maco, Ullucos - Picacho, El Tablón, Guayope, La Marquesa, Buenavista, La Mina e El Trapiche.
Zona baixa Está conformada polas vereas: El Carrizal, La Esperanza, Loma Gruesa, La Palma, El Porvenir, Loma Redonda, Valles Hondos, Vitoyó e El Voladero.
Notas
Categoría:Concellos do Cauca Categoría:Territorios indíxenas de Colombia Categoría:Pobo nasa