José Andrés Rodríguez Gaitán, coñecido simplemente como Andy, nado en Almuñécar o 30 de xaneiro de 1990, é un futbolista español que xoga como centrocampista no FC Cartagena, da Segunda División.

Traxectoria Nacido en Almuñécar, formouse como futbolista na canteira do Real Madrid, e debutou co equipo C na campaña 2009/10, en Terceira División. O 5 de agosto de 2012 pasou ao Levante UD, sendo destinado ao filial da Segunda División B. O 8 de xullo de 2014, despois de marcar 11 goles na anterior tempada, asinou por un ano coa Ponferradina, da Segunda División. Rematou a tempada 2014/15 con seis goles, e a un punto da promoción de ascenso.

O 3 de xullo de 2018, trala fin do seu contrato, fichou pola UD Logroñés, de Segunda B, co que logrou o ascenso á categoría de prata en 2020. O 3 de xullo de 2021, trala perda da categoría, pasou ao Burgos CF tamén de Segunda.

En xaneiro de 2024 deixou Burgos e fichou polo FC Cartagena.

Vida persoal O seu irmán menor Fran tamén é futbolista.

Notas

Categoría:Nados na provincia de Granada Categoría:Nados en 1990 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores do UD Logroñés Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do Real Madrid C