Nerea Brey Fernández, nada en Lalín o 16 de agosto de 1987, máis coñecida polo seu nome artístico Nerea Brey, é unha actriz, directora e dramaturga galega.
Traxectoria É licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, titulada en Interpretación pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e mestrado en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo.
Interpretou o papel de María Casares na produción teatral Despois das ondas, de ButacaZero (2019), e nas visitas teatralizadas á Casa Museo Casares Quiroga do Concello da Coruña (2022). Formou parte do elenco de Soga e Cinsa (2021), de Aporía Escénica, compañía coa que tamén levou a escena 6 cubos negros en corpo branco (2017). Asumiu varios personaxes na obra O péndulo (2022), de Inversa Teatro. Creou, xunto coa artista Miriam Rodríguez, a micropeza Deshabitada (2023) para o programa Violencia Zero da Deputación de Pontevedra (2023). Actuou en Illas Desertas (2023), de ArtesaCía. Cabe destacar, ademais, a súa participación nos espectáculos da compañía Feira do Leste: Exilio das moscas (2016) e Tras Tannhäuser (2018), este último beneficiario das Ayudas Creación Joven do INJUVE.
Traballou con Abismo Caracol protagonizando a obra Entelequias (2020), maila película co mesmo título, e intervindo no filme El cuarto de mona (2021). A súa experiencia no audiovisual inclúe tamén a serie Rapa (2024), de Movistar Plus+ e Portocabo; a longametraxe 13 Exorcismos (2022), de Atresmedia Cine e Bambú Producciones; e O bosque de levas (2007), de Ficción Producciones.
Impartiu clases de dicción e expresión oral na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia durante o curso 2021/2022. En 2023 foi galardoada co 18º Premio Abrente de Textos Teatrais pola peza Manual de patronaxe . En 2024, dirixiu Cancións amarelas, flores tristes, primeiro espectáculo da compañía Manekineko, da que é cofundadora.
Recoñecementos 2023: XVIII Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Manual de patronaxe.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Nerea Brey. Ficha de Nerea Brey no catálogo da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Entrevista en Plató Abierto de TeleVigo xunto a Ernesto Is.
Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1987 Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Dramaturgos de Galicia