NyxAir OÜ é unha aeroliña rexional estoniana con sede en Talín que opera servizos regulares e chárter, tanto de pasaxeiros como de carga.

NyxAir fundouse en 2017 e o 7 de xuño de 2018 a Axencia de Transporte de Estonia emitiu o seu Certificado de Operador Aéreo (AOC).

Destinos A aeroliña reliza principalmente voos chárter a curto prazo, pero en 2020 e 2021 fíxose con contratos públicos para realizar voos domésticos en Estonia, Finlandia e Suecia.

En Estonia a compañía comezou a voar entre Talín e Kuressaare, na illa de Saaremaa, en decembro de 2020, e entre Talín e Kärdla, en Hiiumaa, dende o 1 de marzo de 2024. En Finlandia a compañía realiza voos dende Helsinqui ata Jakobstad-Kokkola, Savonlinna, Kemi e Jyväskylä dende maio de 2021. NyxAir tamén realizou voos domésticos en Suecia en nome de Air Leap. Desde marzo de 2022 voa de Estocolmo-Bromma a Trollhättan en nome da aeroliña local sueca Västflyg. Ademais, a aeroliña opera voos de carga.

Frota miniatura|252x252px|Saab 340 operando para Skåneflyg aterrando en Bromma En abril de 2025 a frota de NyxAir estaba formada polos seguintes avións: +Frota de NyxAirAviónsEn servizoPedidosPasaxeirosNotasPYTotalATR 42-5002——4848Un deles, o ES-NTB, estacionado en TLLATR 72-500(F)1————Configurado como cargueiroSaab 3405——33/3433/34Dous en configuración de carga e un operado para VästflygSaab 20001————Configurado como cargueiroTotal90

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Estonia