Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar, que está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla desemboca na ría de Arousa. O seu xentilicio é «» e ten a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 27 km e de Ribeira atópase a uns 37 km, ten unha superficie de 36,1 km2 e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2023 tiña 2 675 habitantes (1 276 eran homes e 1 399 mulleres), cunha densidade de poboación de 73,29 hab./km2.
O concello de Dodro conserva espazos naturais de importancia ambiental e paisaxística, como as brañas que se estenden a carón do río Ulla, constituíndo o espazo húmido máis grande de Galicia, incluídas no sistema fluvial Ulla - Deza e declarada zona especial de conservación (ZEC). Preserva moitos elementos tradicionais como os cruceiros, os muíños, os hórreos e os reloxos de sol, exemplo da etnografía galega en diferentes estados de conservación, ademais dunha rica tradición oral e escrita. Pazos históricos da fidalguía de antano e igrexas do barroco completan o patrimonio arquitectónico do municipio.
Xeografía Situación O concello de Dodro sitúase na vertente dereita do río Ulla, limita ó norte co concello de Rois, ó leste co de Padrón, ó oeste cos municipios de Lousame e Rianxo e ao sur co concello de Valga.
Non hai núcleos de poboación importantes; atópanse a maioría das casas á beira da estrada AC-305, escisión da antiga estrada comarcal C-550, que une Padrón e Ribeira e atravesa o concello de leste a oeste. Existe ademais rede de estradas secundarias que comunican os distintos núcleos de poboación.
A capitalidade do concello está en Tallós,Registro de Entidades Locales. Consultado o 17 de decembro de 2023 onde se sitúa a casa consistorial, que data do ano 1906. Este municipio pertence, xunto con Padrón e Rois, á comarca do Sar, aínda que pola súa situación está tamén moi vinculado á veciña comarca de Barbanza. miniatura|centro|Casa do concello.
A distancia dende a capital do concello a outros núcleos de poboación de importancia que se atopan próximos é a seguinte:
Padrón: 5 km Pontevedra: 45 km Rianxo: 14 km Ribeira: 37 km Santiago de Compostela: 27 km
Orografía O concello atópase nunha zona prelitoral situada na depresión Meridiana, preto da desembocadura do río Ulla na ría de Arousa. O municipio está caracterizado por un nivel chairego que liga coas ladeiras da serra do Barbanza. Deste xeito, nun espazo pequeno contrastan dúas áreas ben diferenciadas; unha baixa, que corresponde co val do río Ulla, na que se atopa a paraxe natural das brañas de Laíño, e outra no norte do concello, montañosa, de gran riqueza forestal e orientada a solleiro.
O punto máis elevado é a Lomba das Pozas con 576 m, seguido do monte Morouzas con 316 m, o monte Caldebarcas con 312 m, o Carboeiro con 302 m e o Vilar de 227 m. Estes son montes suavizados e están situados na parte máis oriental da Serra do Barbanza. O declive é bastante pronunciado, descendendo dende os cincocentos metros de altura ata o nivel do mar.
Na parte mais meridional do concello discorre o río Ulla que constitúe un amplo val de marismas, brañas e veigas de moita fertilidade, que se atopan ó amparo e resgardo dos anteditos montes. Xunto co río Sar existen pequenos ríos e numerosos regueiros que verten as súas augas no río Ulla.
Xeoloxía e edafoloxía O material xeolóxico sobre o que se asenta a zona é nunha serie de rochas graníticas prehercínicas na que se inclúen gneises, migmatitas, granitos e granodioritas. Canto á edafoloxía; na maior parte da superficie do monte atópanse solos de tipo umbrisol húmico (WRB, 2006) de 50 a 70 cm de profundidade media; nas zonas de ladeira, onde a pendente é moi pronunciada aparecen enclaves con solos de tipo leptosol úmbrico (WRB, 2006), onde a profundidade do chan rolda os 25 cm. As brañas de Dodro constitúen un extenso val na parte máis meridional do concello, formado sobre sedimentos aluviais, que se estende á beira do río Ulla. Debido á abondosa cantidade de minerais resistentes predominan as texturas franco-areosas e no referente á química hai que sinalar a acidez típica dos solos galegos. miniatura|centro|Bosque no monte Carboeiro.
Formacións vexetais A superficie forestal do concello está constituída por repoboacións de coníferas, principalmente piñeiro do país (Pinus pinaster) e en menor proporción piñeiro insigne (Pinus radiata), que representa o 50 % da superficie. A vexetación climática natural, que inclúe ós bosques de ribeira, está representada en menor medida, porén as brañas de Dodro abranguen unha elevada porcentaxe da superficie do concello (954,20 ha), unha brañeira de gran riqueza ecolóxica.
As masas formadas pola presenza de dúas ou tres especies, que son xeralmente o carballo (Quercus robur) xunto co piñeiro do país (Pinus pinaster) e o eucalipto (Eucaliptus globulus), son moi frecuentes, ocupando o 20 % da superficie total.
Canto as zonas ocupadas por cultivos e pastos, representan o 20 % da superficie. Por último as zonas ocupadas por matogueiras representan unha pequena porcentaxe da superficie total. miniatura|300px|Hidrografía de Dodro.
Hidrografía O río Ulla pertence á Confederación Hidrográfica do Norte. A conca do río Ulla discorre pola parte meridional do concello, próximo á súa desembocadura na ría de Arousa, conformando un amplo val onde hai brañas. Existen varios ríos de curso rápido e curto percorrido que nacen dentro dos límites do concello como son o da Devesa, afluente do río Te, o de Manselle ou o de Vigo (río de San Lufo), que conflúen no Ulla. Hai tamén diversos regatos e regueiros.
Clima Dodro atópase no dominio climático oceánico-hiperhúmido que se caracteriza por unha concentración das precipitacións de inverno, arredor dos 1 500 mm, sequidade estival, néboas, escasa presenza de xeadas e unha temperatura media de 12 °C cunha oscilación térmica superior ós 10 °C.
17px Temperaturas e precipitacións mensuais (2011-2023) Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano Temperatura media mensual (°C) 9,7 10,2 11,9 13,7 16,4 18,5 20,6 20,4 19 16,2 12,3 10,8 15 Temperatura media das mínimas (°C) 6 6,2 7,4 9 11,3 13,5 15,5 15,5 14,3 11,9 8,7 7,3 10,6 Temperatura media das máximas (°C) 14 14,9 16,9 19 22 23,9 26,6 26,6 25 21,6 16,7 15 20,2 Temperatura media das mínimas absolutas (°C) 0,5 0,7 2,1 3,9 6,4 8,7 10,8 10,9 9,2 6,1 3,3 0,9 5,3 Temperatura media das máximas absolutas (°C) 18,1 20,9 23,6 26,6 30,7 33,8 34,7 35,1 33 28,8 22,1 19,3 27,2 Precipitación media mensual (mm) 327,9 225,3 215,5 175,2 126,9 93 49,9 86,8 125,2 290,9 311,7 335,2 2 365,3Fonte: Estación meteorolóxica de Cespón (Boiro).
Demografía Estrutura da poboación A poboación de feito no concello segundo o censo municipal de habitantes a 1 de xaneiro de 2022 é de 2 675 habitantes, que se establece en 26 núcleos. A poboación distribúese nun territorio de aproximadamente 36,1 km2 o que supón unha densidade media de 73,29 hab./km2.
Censo total 2022 2.675 habitantes Menos de 16 anos 296 (11,07 %) Entre 16 e 64 anos 1.553 (58,06 %) Máis de 64 anos 826 (30,88 %)
A poboación atópase diseminada polas tres parroquias do concello; sendo a parroquia de Santa María de Dodro a de maior densidade de poboación con 1 120 veciños distribuídos en 7,20 km2 , seguida de San Xoán de Laíño con 883 nunha superficie de 17,18 km2 e por último San Xián de Laíño con 672 habitantes en 11,70 km2 ; como se pode apreciar na seguinte táboa:
+Poboación en Dodro no 2022 Parroquia Homes Mulleres Total Densidade(hab./km2) Santa María de Dodro 541 579 1120 155,56 San Xián de Laíño 311 361 672 57,44 San Xoán de Laíño 424 459 883 51,40 Total 1276 1399 2675 73,29 Fonte: Instituto Nacional de Estadística
Evolución da poboación Demograficamente este concello presenta unha situación desfavorable cunha tendencia ó despoboamento, feito agudizado no período de 1986 a 1998, esta característica convén relativizala, pois é unha feito común na maioría dos concellos galegos. Así mesmo a partir de 1998 a poboación diminúe paulatinamente pero a tendencia non é tan acusada como nos anos precedentes.
Fonte: Instituto Galego de Estatística
Pirámide de poboación A pirámide adopta unha forma acampanada cun crecemento de poboación moi moderado de baixa natalidade e mortalidade, propia de países desenvolvidos.
Fonte: Instituto Galego de Estatística
Inmigración Nacionalidades estranxeiras (2022) PosiciónNacionalidadePoboación1ª102ª223ª1111Fonte: Instituto Galego de Estatística
Segundo os datos recompilados polo IGE hai en Dodro 2 675 habitantes, dos cales 26 son de nacionalidade estranxeira, a meirande parte procede de Venezuela; hai 10 persoas orixinarias dese país de Suramérica.
Os índices de poboación inmigrante no concello sinalan que a porcentaxe de poboación estranxeira é do 0,97 %, un número pouco significativo; moi afastado da media galega, que rolda o 4 % e tamén da media estatal, que anda arredor do 10 %.
Historia Prehistoria miniatura|280px|O río Ulla. A orixe do poboamento é antiga, como denota a presenza dos sitios arqueolóxicos do megalitismo que hai no concello (a arquitectura megalítica introduciuse en Galicia durante do V milenio a. C. posiblemente dende o norte de Portugal). Algún dos túmulos funerarios que hai en Dodro do período megalítico están sen catalogar e outros desapareceron. Entre os restos que se conservan están as catro mámoas catalogadas da Paradegua, de onde se recuperaron pequenos obxectos líticos, dúas mámoas no monte da Mina (Balouta) e a mámoa da Chisca, que son do período Neolítico.
Do período do Bronce antigo apareceron lascas de seixo e cerámica campaniense no Riasós. Da Idade de Bronce son os petróglifos, destacando o petróglifo de Bouza Abadín, e da Idade de Ferro son cinco os castros distribuídos pola xeografía do concello. A finais da Idade de Ferro os caporos habitaban a desembocadura do río Ulla. Deste período apareceron armas no leito do río relacionadas con prácticas rituais. Os caporos son citados por Tolomeo e Plinio o Vello, que os coloca nunha lista entre os supertamarcos e os praestamarcos, indicando ademais que Iria Flavia pertencía ó seu territorio.
Idade Antiga Ó longo da época romana comezáronse a sentar as bases do poboamento actual; os romanos asentáronse militarmente en Galicia e obrigaron ós habitantes dos castros a abandonalos, iniciándose a ocupación dos vales, que é cando se formaron as vilas romanas ligadas ás explotacións agrícolas. A Vía XIX, calzada romana da época de Augusto descrita no Itinerario de Antonino, unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), pasando por Iria Flavia.
No tránsito entre a Idade Antiga e a Idade Media construíuse no monte Vilar un asentamento fortificado, ou refortificouse un castro preexistente, coñecido como Castelo de Monte Vilar.
Idade Media Iria Flavia foi o centro de boa parte da Gallaecia máis occidental, que durante o reino suevo pasou a ser unha das grandes demarcacións parroquiais nas que se organizou o territorio galego. Os caporos apacecen citados no Parochiale suevorum, no século VI, de facer caso dalgunhas edicións.
Polo río Ulla irromperon os normandos dende o século IX ata o século XII. O Cronicón Iriense refire a rapina que efectuaron as naves normandas nunha incursión río arriba no ano 858. Por mor dos ataques, incluída a morte de Sisnando II no ano 968, o bispo Cresconio ordenou fortificar as torres de Oeste, tarefa que continuou Diego Peláez e posteriormente Diego Xelmírez, quen mandou ademais construír en Padrón dous navíos para protexerse das agresións normandas e sarracenas. Durante a súa expedición do ano 997, Almanzor atravesou o río Ulla e arrasou Iria e mais Santiago de Compostela.