Guido van Genechten, nado en Mol o 19 de agosto de 1957, é un autor e ilustrador flamengo. Guido van Genechten é coñecido mundialmente polos seus libros ilustrados.

Traxectoria En 1995 publicouse o primeiro dunha serie xa extensa de libros ilustrados para nenos pequenos e preescolares. A figura máis famosa que deseñou é probablemente o coelliño coa orella torta, Rikki.

Guido van Genechten estudou tipografía e traballou durante anos no sector gráfico, onde se ocupou principalmente da maquetación e edición. Mentres tanto, tomaba clases de debuxo, pintura, gráfica e fotografía na academia de arte de Mol.

Os seus libros ilustrados foron traducidos a moitas linguas,Boeken van Guido Van Genechten, Standaard Boekhandel, consultado o 23 de agosto de 2023 entre elas o galego.Ficha En 2010, o seu libro ilustrado Wiebelbillenboogie foi o libro ilustrado do ano 2010 e é fundamental para os Días Nacionais da Lectura.

Notas

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Ilustradores de Bélxica Categoría:Escritores de Bélxica Categoría:Escritores en lingua neerlandesa