Fervenza é unha organización estudantil galega nada o 9 de marzo de 2025, nunha Asemblea Nacional Constituínte que contou coa participación de 90 estudantes.

A organización defínese como "sindicato estudantil nacionalista de vocación unitaria, autónoma, horizontal, combativa e democrática". Contan con actividade en distintas cidades de Galiza, esencialmente Santiago de Compostela, Vigo ou A Coruña. En abril de 2025 lanzou, xunto á organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza e estudantado organizado de Traballo Social da USC, unha convocatoria de folga polo dereito á vivenda digna que mobilizou preto de 450 estudantes a manifestarse en Santiago de Compostela o día 9 de abril. O sábado 12 de abril de 2025 Gonzalo Dios participou nun acto de Sumar en Vigo en nome do sindicato fervenza

Notas

Categoría:Asociacións de estudantes Categoría:Sindicatos de Galicia